Venres. 29.03.2024
El tiempo

"A decisión da Igrexa de executar o aval pola parcela de Brens é unha declaración de guerra contra o Concello"

Pavillon de Brens
"A decisión da Igrexa de executar o aval pola parcela de Brens é unha declaración de guerra contra o Concello"

Dende 2002 herda o Concello de Cee unha situación comprometida co Arzebispado arredor dunhas parcelas en Brens. Daquela, cando se construiu o polideportivo (cos actuais edís da oposición Antonio Domínguez e Ramón Vigo na corporación), a Igrexa cedía un terreo a cambio da recalificar e aumentar a edificabilidade doutra parcela da súa propiedade. Daquela asinábase un convenio a través do cal nun futuro PXOM a recalificación ía permitir máis edificabilidade na devandita parcela cedida preto da Igrexa de Brens. Un convenio que incluía un aval de 153.000€, renovable ano a ano, que a Igrexa podería executar.

Ata este 2020 o convenio renovábase automaticamente sen negociación algunha, pero este pasado mes de outubro o Arzobispado decicía executar o aval obrigando ao Concello a pagar esa cantidade. Ademais, o Concello terá que pagar o terreo cedido, e malia que o informe técnico municipal asegura que vale 21.000€, é posible que a Igrexa pida máis cartos.

Mentres, o Concello de Cee celebraba dous plenos para tratar o asunto. Dous plenos broncos, nos que a pesar de todo, a oposición votou a favor da moción presentada polo grupo de goberno de tratar de anular, de xeito unilateral o devandito convenio, para cubrirse ante futuros contenciosos.

Unha oposición que, ao completo, volve lamentar a falta de información por parte de Margarita Lamela. “A alcadesa vén agora, convertindo o pleno nunha sala do xulgado, e a pesar de todo, votámoslle a favor”, sinalan dende a oposición.

Unha oposición que propoñen “retomar o contacto co Arzobispado, e organizar unha reunión do Ecónomo con toda a corporación municipal para intentar chegar a un acordo beneficioso para todas as partes”.

En todo caso, para o concelleiro do BNG Serxio Domínguez, “a decisión da Igrexa de executar o aval é unha declaración de guerra contra o Concello, e o Concello ten armas de sobra para defenderse, e entre elas revisar o estado das múltiples propiedades que ten a Igrexa polo Concello adiante. Hai que ver se están pagando o IBI correctamente nas propiedades que están dando lucro… ou facer cumplir as ordenanzas municipais de manter os bens inmobles decentes, mentres vemos como as rectorais de Lires ou Toba están en absoluto abandono”.
”Se hai guerra, hai que facer unha demostración de forza”, valora Domínguez.

Comentarios