sábado. 14.12.2024
El tiempo

Denuncian o déficit de celadores do Hospital de Cee

Tecnicos de raios levando pacientes en camilla facendo de celadores
Tecnicos de raios levando pacientes en camilla facendo de celadores antes da incorporación destes
Denuncian o déficit de celadores do Hospital de Cee

Tardou 25 anos en incorporar a categoría de celador o Hospital Virxe da Xunqueira, (foi durante moitos anos o único en Galicia) e a pesar sa sentenza, a cifra de profesionais que se incorporaron para estes postos segue a ser insuficiente. Así o denuncia a Comisión delegada do Hospital ceense, que quere denunciar "o incumprimento por parte da xerencia do acordado no ano 2023 de incremento do persoal celador no hospital de Cee".

Lembran que no mes de outubro de 2022, acordouse coa Xerencia da área sanitaria de A Coruña e Cee a incorporación da categoría de celador/a no Hospital Público Virxe da Xunqueira no mes de xaneiro de 2023. Dita incorporación levouse a cabo no mes de febreiro con 6 profesionais.

Xa no seu día esta Comisión advertiu á Xerencia de que dito número de profesionais era insuficiente para levar a cabo as funcións propias desta categoría en todos os servizos do hospital. Polo que a Dirección de Recursos Humanos comprometeuse, nese intre, coa incorporación de novos profesionais de estrutura no ano 2024, ademais  dunha valoración aos tres meses da súa posta en marcha. "Feito que non ocorreu", lamentan.

Por iso, a Comisión considera "inaceptable que este hospital fora e siga sendo o gran esquecido desta área sanitaria respecto á categoría profesional de CELADOR, parte fundamental dentro do equipo de enfermaría".

Máis novas

Comentarios