xoves. 07.11.2024
El tiempo

“Somos o único Hospital do SERGAS que non ten celadores”

Tecnicos de raios levando pacientes en camilla facendo de celadores
Técnicos de raios levando pacientes en camilla, facendo de celadores
“Somos o único Hospital do SERGAS que non ten celadores”

“Somos o único hospital do Sergas que non ten celadores”. Así de rotunda se mostra a representante da CIG, Ana Lestón. Son case 22 anos, dende a súa inauguración en setembro 1997, que o centro Hosital Virxe da Xunqueira leva funcionando sen a categoría de celador, obrigando a outr@s profesionais a realizar, ademais das súas tarefas, as desta esquecida categoría.

Concretamente as que máis levan sufrindo esta carencia son as enfermeiras e as auxiliares de enfermería, que teñen que asumir as funcións do celador. A mobilización dos pacientes con cama, en silla de rodas, o traslado de mostras, de aparataxe… son cousas que teñen que facer as profesionais de Enfermería.

”Non teño que asumir as funcións de outra categoría profesional que si ten que existir no Sergas”, explica Henar Prieto Arranz, unha das instigadoras daquela pelexa pediátrica en Cee e Corcubión de 2014. “Repercute de xeito directo no día a día, mentres unha auxiliar está baixando e subindo de planta a raios a un paciente, deixa só na sala, ou no quirófano, á enfermeira, facendo traballo doble”, exemplifica Henar.

”Unha persoa que vén de Coruña ou calquera outro lado, chega aquí, a poñen a facer de celador e alucina”, explica Daniel Romero, outro dos profesionais afectados pola situación. “O SERGAS aínda nos ten como se fosemos un Hospital de 2ª. E non nos podemos mover porque non arriscamos a que nos abran algún expediente”, lamenta.

Enfermeira facendo as funcions de celadora subindo unha rampa do6 no HVdX de Cee
Enfermeira facendo as funcións de celadora subindo unha rampa do 6% no HVdX de Cee

Xudicializado

O asunto vén dende aquel 1997, cando unha das categorías que chegaron ao novo HVdX, que abría como unha Fundación, era ade “Personal de Servizos Xeral”, que tiña funcións de administrativo, telefonista e celador. Pero a función de celador nunca foi realizada por este PSX, senón que sempre foi asumida polo persoal de Enfermería. A partir de 2008, ca integración no SERGAS do centro, esperábase que se implantase defintivamente a categoría de celador, pero todo quedou no esquecemento.

“Levamos moitos anos sufrindo e decidimos tomar medidas”, explica Romero. “Eu daquela estaba afiliado a un sindicato e cando propuxen denunciar por vía xudicial me dixeron que non era viable esa opción. Ese mesmo día pedín a baixa de afiliado, e seguín promovendo a denuncia. Pouco tempo despois, propuxemos a idea nunha asemblea na que estaban presentes todos os sindicatos, tampouco viron viable esa opción da vía xudicial, só valoraban a vía administrativa. A verdade é que nos parece incrible que non nos fixeran caso os sindicatos”, lamenta.

Pero decidiron continuar, e se uniron nunha pequena plataforma composta por 52 profesionais. “Contactamos con Castreje Avogados, e iniciamos, primeiro vía administrativa e despois vía xudicial”.

A cousa prosperou e no primeiro xuízo do contencioso administrativo, saíu adiante a demanda na sentenza ditada o pasado mes de setembro de 2018, deixando claro que os profesionais doutras categorías non tiñan que facer funcións de celador, obrigando ademais ao SERGAS a incluír esa categoría nun prazo de 180 días. Pero o Sergas recurriu, e agora todo fica paralizado esperando a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que podería caer a finais de 2019 ou principios de 2020.

A Xerencia do SERGAS parece que non se vai mover, a pesar de que xa pasaron os 180 días de prazo.

Mobilización

Cómpre lembrar que as mobilizacións si que tiveron o seu resultado no Hospital da Barbanza, onde despois de varios anos pedindo Celadores Xa, conseguiron en 2015 a inclusión desta categoría.

Novas relacionadas

Comentarios