Martes. 23.04.2024
El tiempo

Días de matriculación nos institutos da comarca para FP e EPA

Días de matriculación nos institutos da comarca para FP e EPA

Envían estes días varios institutos da comarca unha nota lembrando que está aberto o prazo de matriculación.

FP no IES Terra de Soneira

IES Terra de Soneira

O Instituto de Ensino Secundaria Terra de Soneira (Vimianzo) imparte dous ciclos formativos na rama de administración:
· Ciclo medio de Xestión Administrativa
· Ciclo superior de Administración e Finanzas.

Así, o prazo de pre-matrícula: do 03 ao 11 de setembro 2018 ás 13.00 h; quedando o prazo de matrícula: a partir do 19 de setembro de 2018.

Poden informarse no 881866519 ou en http://www.edu.xunta.gal/centros/iesterradesoneira/.

Prazo de matrícula ESO persoas adultas IES Fernando Blanco

Así mesmo, o IES Fernando Blanco abre o prazo de matrícula para as ensinanzas de Educación de Persoas Adultas, EPA, para o vindeiro curso 2018-2019, dende o 3 ao 14 de setembro. Esta convocatoria diríxese a aquelas persoas que teñan 18 ou máis anos, e que poidan acudir en horario de tarde-noite ás clases que lles permitan retomar antigos estudos primarios para acadar o Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria. A oferta pública de educación de persoas adultas, gratuíta e de calidade, fai posíbel que as persoas adultas poidan adquirir ou completar os seus estudos e coñecementos, tanto para o seu desenvolvemento persoal como profesional. Estas ensinanzas teñen como obxectivo primordial actualizar a formación básica e acceder aos diferentes niveis do sistema educativo. Nas ensinanzas de EPA pódense diferenciar dúas etapas:  a) ENSINANZAS BÁSICAS INICIAIS Destinatado a todas as persoas adultas sen titulación previa que desexen unha formación básica inicial en lecto-escritura e cálculo así como prepararse para o acceso á educación secundaria para persoas adultas. b)  EDUCACIÓN SECUNDARIA Destinada a todas as persoas adultas maiores de 18 anos que desexen obter o título de graduado en educación secundaria.  Estas ensinanzas de secundaria poden realizarse, con carácter xeral, en dous cursos académicos, correspondentes aos catro cursos da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Aínda así, as persoas adultas poden permanecer cursando estas ensinanzas o tempo que o seu ritmo de aprendizaxe precise. Ao alumnado, poderánselle validar diferentes cursos ou materias, dependendo dos estudos de EXB ou ESO que certifiquen. Para quen non ten a titulación básica, para quen non rematou a EXB, par quen ten o Graduado escolar mais non o Graduado en ESO..., as ensinanzas de EPA ofrecen unha nova oportunidade de formación. No IES Fernando Blanco, entre o 3 e o 14 de setembro, matricúlate para as Ensinanzas de Persoas Adultas curso 2018-2019.

Comentarios