Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Dous proxectos do alumnado de FP do IES Fernando Blanco, premiados pola súa innovación

Equipo de mantemento de FP do IES Fernando Blanco
Equipo de mantemento de FP do IES Fernando Blanco responsable do proxecto premiado relacionado coa industria conserveira
Dous proxectos do alumnado de FP do IES Fernando Blanco, premiados pola súa innovación

Novo premio para o alumnado de FP da comarca. Os departamentos de Electricidade e Electrónica e de Instalación e mantemento do IES Fernando Blanco, veñen de ser premiados polos seus proxectos presentados á convocatoria 2021 de innovación na FP.

Proxecto de Electricidade

Foto Innova - Departamento electricidade do IES Fernando Blanco
Foto do Departamento electricidade do IES Fernando Blanco

O departamento de Electricidade e electrónica foi premiado na modalidade B (de innovación didáctica) polo seu proxecto “Técnicas de intelixencia artificial para a resolución de problemas”. Este departamento ademais colaborou co IES Punta Candieira de Cedeira no proxecto “Adestrador modular avanzado para a industria 4.0”, que tamén foi premiado.

Juan Manuel Suárez, Xefe de Departamento de Electricidade e Coordinador das TICs, cóntanos como nace este proxecto. “Naceu da frustración de resolver os sudokus de xeito manual, e comezamos a traballar nunha máquina para resolvelos con técnicas moi básicas en Intelixencia Artificial. A día de hoxe, ca industra 4.0, esta clase de coñecementos básicos de I.A. son moi necesarios. Entón pensamos en facer unha maqueta portable, para resolver a cantidade combinacións que teñen as matrces 9x9 dos sudokus”, explica. “Primeiro teñen que aprender a programar, e a partir de aí imos facendo estas cousas. Primeiro hai que explicar a teoría, é necesaria, pero despois hai que levalo á práctica. Se non a levas a práctica, a teoría queda algo coxa”, apunta.

Proxecto conserveiro

Tamén foi premiado (na modalidade A de innovación tecnolóxica ou científica) o proxecto “Sistema de diagnose mediante parametrización de sensores en máquina de peche”, presentado polo departamento de Instalación e Mantemento. Este proxecto faise coa colaboración das empresas Industrias Cerdeimar, GSI Dotación Industrial e Técnicas de Soft.

Un premio que xa se vén xestando dende o ano pasado, cando o proxecto xa gañou o Premio Dualiza a nivel nacional.

Bibiana Bértoa, Xefa de Departametodo Clclo de Mantemento Electromecánico, explícanos que o proxecto nace un pouco da man da experiencia profesional de Diego Carril, mestre no centro que estivo moitos anos en conserveiras. “Non había un perfil competencial de alumnado que souberan andar do peche de latas de conserva. E vimos que había moitas empresas da zona que traballan con esta clase de máquinas e que teñen problemas. Nós queríamos facer que a máquina deste tipo de peche de conservas nunca pare, e mesmo que cando haia algún problema non haia que esperar polo de mantemento, para non ter que parar todo o proceso de produción. Fixemos un sistema que a base de sensores por toda a máquina (de temperaturas de aceite, de densisdade…) vaise volcando nunha base de datos que comparada cos datos do fabricante nos vai indicando o desgaste da máquina, e así o operario vai poder facer o mantemento antes de que rompa a máquina”.

Un verdadeiro exercicio de prevención no mantemento industrial que sutía ao centro como pioneiro no país. O proxecto formativo quedarase no centro, mentres que a Xunta verá como aproveita esta innovación para as empresas conserveiras galegas.

 

Convenio de Xeal co IES Fernando Blanco

A empresa XEAL vén de asinar un convenio co IES Fernando Branco e coa Universidade dá Coruña para o desenvolvemento dun programa educativo de formación de prácticas do módulo de “Administración e finanzas” en centros de traballo, dirixido ao alumnado de formación profesional específica.

Deste xeito, o alumnado desta especialidade poderá facer prácticas académicas externas dentro dos programas de cooperación educativa promovidos pola empresa.

Novas relacionadas

Comentarios