As enfermeiras loitan contra o teórico "contrato de estabilidade"
Un contrato dun ano, prorrogable, pero que obriga a estar dispoñible para traballar 24 horas os 365 días do ano. Un contrato que non lles permitirá coñecer os seus turnos ata o mes anterior, nin sequera o lugar de traballo. Un contrato que esquece toda conciliación familiar posible, e sen dereito a vacacións, permisos…
Así é o “Contrato de Continuidade” que o Sergas xa ofreceu aos médicos de familia e que agora está ofrecendo ao sector da enfermaría, argumentando que se trata dun “contrato de estabildade”.
Unha teórica “estabilidade” que non aceptan as traballadoras e traballadores do sistema público de saúde, como manifestaron nas concentracións realizadas ao longo do país polas “Enfermeiras en loita”, no marco do movemento #12meses12loitas.
Este 12 de setembro, as enfermeiras do HVdX concentráronse para protestar contra esta situación laboral que coloca a moitas traballadoras a ter asinado preto de 90 contratos nos últimos 5 anos. Outra recoñece ter asinado 214 contratos dende finais do 2010...
Novas relacionadas
- A “continuidade” para o servizo de enfermería significa estar dispoñible 24 horas os 365 días do ano.
- As enfermeiras da zona loitan pola conciliación familiar.
- Concentración en Camariñas por "un servizo sanitario digno”.
- Os celadores en loita: “Coida a quen te coida”.
- “Somos o único Hospital do SERGAS que non ten celadores”.
- O SAE reclama a regulación de contratación no HVdX.