Sábado. 28.03.2020
El tiempo

O Entroido comezou nos coles

Unha imaxe do Entroido do CEIP Eugenio López de Cee- Foto-Rafa Quintáns
Unha imaxe do Entroido do CEIP Eugenio López de Cee- Foto-Rafa Quintáns
O Entroido comezou nos coles

Non nos falta a nosa cita por algúns dos coles da comarca, que este pasado venres celebraron a súa festa de Entroido.

Facemos sempre parada en Cee, onde a rapazada do Eugenio López aproveitou a fermosa mañá de sol do venres para facer unha festa na praza 8 de marzo. Bailes, risas, e moitos disfraces singulares nunha data sen igual.

Entroido do Eugenio Lopez-Foto-Rafa QuintansEntroido do Eugenio Lopez-Foto-Rafa Quintans 7Entroido do Eugenio Lopez-Foto-Rafa Quintans 6Entroido do Eugenio Lopez-Foto-Rafa Quintans 4
Fotos do Entroido do CEIP Eugenio López de Rafa Quintáns

No Manuela e en Brens

Tamén celebraron o entroido no CEIP A Igrexa de Brens, onde os superheroes da Patrulla Verde celebraron o xoves de comadres cunha misión: salvar o planeta do cambio climático, facendo a comparsa das 3 R (reciclar, reutilizar e reciclar), o cumio do proxecto educativo, que tamén levou material informativo para os fogares.

Antroido do Manuela Rial de Cee 2
Imaxe do Antroido do Manuela

Pola súa parte, Antroido do CPR Manuela Rial deixou dous festivais en dous espazos ben diferentes, que puxeron colofón a unha semana de ensaios e moita actividade de toda a comunidade educativa. No pavillón polideportivo o alumnado da ESO tivo o seu “Concurso de comparsas”. Actuaron ao abeiro de cancións de actualidade e mereceron o recoñecemento dun experto xurado.

Nun Salón de Actos do Colexio ateigado de nais e pais, foron os cativos e cativas de Infantil e Primaria quen mostraron as súas propostas cheas de creatividade e colorido. Un festival temático titulado “Un país de cine” que fixo un percorido por algunas das bandas sonoras máis célebres da cinematografía (Grease, Rocky, Mamma Mía…)

Antroido do Manuela Rial de Cee

En Sardiñeiro

Por Sardiñeiro fixeron un bo remexido e deixaron esta fermosa estampa para a posteridade.

Entroido no CEIP Areouta de Sardineiro

comentarios