Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Á EsCeena confírmase como grande referencia teatral para toda a comarca

Cee prepárase xa para a recta final do Agosto Cultura
MOfa e Befa en Cee-Foto-Rafa Quintans
Mofa e Befa recibiron un aplauso de 2 minutos no peche da Semana Á EsCeena de Cee-Foto-Rafa Quintáns
Á EsCeena confírmase como grande referencia teatral para toda a comarca

Este domingo baixou o telón a VII Semana do Teatro e as Artes Escénicas do Concello de Cee: A EsCEEna! Os encargados de facelo foron dous actores ben coñecidos do público ceense: Evaristo Calvo e Victor Mosqueira ou o que é o mesmo Mofa&Befa co seu espectáculo “Dúas pedras no Camiño”, longamente ovacionado polo público despois de 80 minutos de gargalladas continuas.

Aforo completo no Auditorio de Cee-Foto.Rafa Quintans
Aforo completo en todas as obras no Auditorio Baldomero Cores-Foto-Rafa QuintánsVictor Castineira presenta as obras-Foto-Rafa Quintans
Víctor Castiñeira tamén pon as obras en contexto-Foto-Rafa Quintáns

Foi o cumio dunha gran semana que remata con gran satisfacción, e cansanzo, por parte do gran armadanzas da mostra: Víctor Castiñeira. O técnico de Cultura valora a recuperación de público cubrindo o aforo, limitado pola pandemia, en todas as funcións. “Triplicamos a asistencia do ano pasado, con moitos abonados, e se ben aínda non é Semana de antes da pandemia, si que se vai recuperando ese aire, si que se vai respirando gañas de cultura”.
Unha das grandes novas da Semana foi a presencia de numeroso público da comarca. Ademais dos veciñ@s de Cee, tamén se achegaron xentes de Carballo, Muxía, Fisterra, Corcubión… o que demostra que a Semana Á EsCeena xa é unha referencia en toda a Costa da Morte.

A compania de Nelson Quinteiro co ceense Ivan Villar co agasallo municipal-Foto-Rafa QUintans
A compañía de cabaret de Nelson Quinteiro co ceense Iván Villar co agasallo municipal-Foto-Rafa Quintáns

Na xornada previa, actuou na alameda ceense a Compañía Nelson Quinteiro que presentou o seu novedoso espectáculo FALA-ME Galician Trad Cabaré!, fusión do cabaré coa música, danza e cultura tradicional con un fío conductor sobre a língua e o empoderamento. Entre o elenco de artistas deste espectáculo atopamos ao bailador Iván Villar, “Iván de Brens”, (finalista Mellor intérprete masculino de danza da XXIV edición 2021 dos Premios Max) e que recibiu o recoñecemento público do Concello de mans da alcaldesa Margarita Lamela.

É difícil quedarse con algunha das obras, porque, está mal que o diga eu, pero o programa deste ano foi moi bo programa. Ademais, a exposición de Kukas está marabillando, e o inicio, coa obra de Don Gaifero foi xenial. Podemos destacar tamén a obra de Quico Cadaval e o espectáculo de Mofa e Befa, pero é que Cándido Pazó, Malasombra Teatro… houbo moito nivel estes días en Cee”, recoñece Castiñeira.

Cabaret na Alameda-Foto-Rafa Quintans
Así locen as actuacións na Alameda-Foto-Rafa Quintáns

Recta final do Agosto Cultural

O Agosto Cultural entra na súa última semana con tres propostas para despedir un mes intenso de programación no que, ademáis das actividades ligadas as celebracións patronais, houbo espazo para a música, o teatro, a danza ou a literatura. Para as actuacións desta semana, que terán lugar na Praza da Constitución ás 20.30 horas con espazo acotado e limitación de aforo xa se poden retirar as invitacións na Biblioteca Municipal Francisco Mayán.

O mércores 25, terá lugar a gran gala do circo, maxia e humor “Cultura No camiño 2021”, un show multidisciplinar en clave de humor onde se fusionan diferentes disciplinas artísticas para ofrecer un espectáculo único ao espectador conxugando a arte e a retranca galega.

O xoves toca monólogo co ferrolán Pepo Suevos, unha das caras máis coñecidas da televisión e da escena galega.

E para venres, Asacocirco Show trae o seu espectáculo para todos os públicos que nace da loucura dos seus protagonistas, Mirroska e Juanito son os dous pallasos deste divertido mini circo.

Novas relacionadas

Comentarios