A Escola de Música de Cee celebrou o seu diverso e emotivo Festival de Nadal
Fermosa festa musiqueira a vivida este martes no Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura de Cee. O festival da Escola de Música de Cee reuniu a alumnos, profesores, pais e público para poder escoitar as numerosas interpretacións instrumentais. Foron 28 concretamente, as que se realizaron encima do escenario, con instrumentistas dende os 8 anos concentrados en ofrecer a mellor interpretación, ata diferentes grupos.
Ao longo da tarde puidéronse escoitar estilos musicais ben distintos: música popular, jazz, música clásica, panxoliñas, etc. Tamén houbo participación de grupos instrumentais diversos: banda infantil, grupo de metais, dúo de gaitas, dúo de saxofóns e frautas, ou trío de clarinetes.
O acto tivo como peche unhas palabras da concelleira de cultura do Concello de Cee, Luisa Rodríguez, poñendo en valor o traballo feito por todos os alumnos participantes, dirixidos por Fernando Fraga, que nos deixa, ademais esta fermosa escolma de fotos da xornada:







