"Eu, Monstro": Guadalupe Vázquez Formoso publica unha nova novela xuvenil sobre a transfobia
Non para de crear. A autora ceense Guadalupe Vázquez Formoso vén de recibir a súa nova novela xuvenil: "Eu, Monstro"
A novela, publicada pola editorial Toxosoutos, aborda o tema da transfobia, "unha realidade que algúns rapaces e rapazas enfrontan no seu día a día, a miúdo con dor e soidade".
O obxectivo da autora non é tan só amosar as dificultades e a inxustiza que sofren as persoas transxénero, senón tamén resaltar a súa valentía e a capacidade para atopar a felicidade e autenticidade nun mundo que ás veces parece empeñado en negar a identidade de cada un. "Eu, Monstro" é unha invitación a celebrar a diversidade e a construír pontes de amor pero, sobre todo, de respecto.
A novela, xa dispoñible en librarías, está pensada para adolescentes, "pero tamén para todos nós e, moi especialmente, para todas esas persoas que se senten, ou se sentiron algunha vez, 'monstros', sen selo".