Guadalupe Vázquez Formoso estréase como escritora de libros de autoaxuda

Non para a mestra ceense de crear, dando importantes pasos cara adiante na súa carreira como escritora. Dos seus premiados libros infantís, aos libros de autoaxuda. Guadalupe Vázquez Formoso xa ten na súa man os primeiros exemplares, que tamén chegaron ás librarías da comarca.
O novo libro, titulado "Son Relampo, no Monte do Pindo / Diario para sentirse mellor" "I am Lightningbolt on Mt. Pindo / A feel better journal", é un diario bilingüe en galego e inglés pensado para que o lector adolescente ou adulto poida “desafiar o pensamento tóxico, fornecer a longanimidade – entendida como a capacidade dos seres humanos para adaptarse positivamente ás situacións adversas – e descubrir o que realmente importa na vida”, en palabras da propia autora.
O libro conta co asesoramento da súa homónima, a psicóloga Guadalupe López Canosa, especialista en psicoloxía clínica. “A autora, a través dunha historia que volve a poñer en valor o noso territorio e as súas lendas, introduce diferentes actividades que levarán ao lector/a a coñecerse un pouco máis a si mesmo/a, a valorarse, a aceptarse, a buscar alternativas… en definitiva, a intentar mellorar a súa xestión emocional”, explica a homónima. “Lupe amosa nesta obra a súa sensibilidade coa saúde mental, achegando o seu traballo e creatividade, dándolle visibilidade. As actividades presentadas neste diario, sen dúbida, axudarán a sentirnos mellor, pero debemos resaltar que non pretende subtituír a ningún profesional da saúde mental, a quen todos e todas debemos acudir sempre que o precisemos, sen dubidalo.” López Canosa engade que “no mundo, unha de cada catro persoas sufre ou sufrirá algún problema de saúde mental ao longo da súa vida e estímase que só unha quinta parte dos rapaces e rapazas reciben un tratamento axeitado.”
O diario conta co apoio da Asociación Monte Pindo e atópase xa á venta nas librarías máis próximas.
Novas relacionadas
- Setembro 23: A ceense Guadalupe Vázquez recolleu o Premio do Concurso de Relato Curto de AFAGA en Vigo.
- Xuño 23: Guadalupe Vázquez, gañadora dun premio do IX Concurso de relatos curtos de AFAGA.
- Abril 23: As pequenas fillas da Ruña.
- Marzo 23: “Filla da Ruña” é o novo libro de Guadalupe Vázquez Formoso.
- Marzo 23: Guadalupe Vázquez rescata na casa a historia e a riqueza fonética de Quilmas.
- Febreiro 2023: Guadalupe Vázquez arrincou en Cee a súa xira de presentacións dos "Contos de Quilmas”.
- Dcembro 22: Guadalupe Vázquez Formoso non para de publicar e estrea a súa novela “Conto de Quilmas”.
- Novembro 22: A terceira aventura do Saltarín de Guadalupe Vázquez dase polo Monte Pindo:
- Guadalupe Vázquez Formoso fixo voar ducias de Saltaríns.
- A mestra Guadalupe Vázquez leva a pequenos e grandes ata a Fin da Terra co seu segundo conto “Saltarín”.