Guadalupe Vázquez arrincou en Cee a súa xira de presentacións dos "Contos de Quilmas"
A escritora Guadalupe Vázquez Formoso, docente no colexio Manuela Rial de Cee, xa está en plena xira de presentacións do seu libro “Contos de Quilmas. Este pasado venres estivo ante un centenar de persoas presentando a novela no auditorio Baldomero Cores da Casa de Cultura de Cee, libro publicado pola editorial Medulia e apoiado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Na mesa acompañou á autora Pura Galán Boutureira, Coordinadora Territorial dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega da provincia da Coruña, quen pronunciou unhas palabras sobre a autora, sobre a súa novela e sobre a importancia deste tipo de obras que contribúen a que ese “legado inmaterial tan importante” que é a nosa lingua e as súas moitas e diversas peculiaridades lingüísticas siga viva.
Guadalupe recolle e pon en valor a riqueza lingüística da zona carnotá, palabras e expresións xenuínas que nos definen como pobo, como colectividade, e que fan únicos áos veciños da zona.
Logo da intervención de Guadalupe, o público puido ver un vídeo no que a autora le fragmentos da novela, acompañada a súa voz da música do director da Escola de Música Municipal de Cee, Fernando Fraga, a quen Guadalupe agradeceu xunto a outras moitas persoas e entidades entre as que caben destacar o escritor Francisco Xosé Fernández Naval, Vicente Feijoo, membro do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, a propia Pura Galán e Valentín García da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a Editorial Medulia, o Concello de Cee ou a Asociación Monte Pindo Parque Natural.
Presentación en Carnota
A vindeira parada será o sábado 25 de febreiro, ás 12:30 h, no salón de actos do Concello de Carnota acollerá. Aautora carnotá Guadalupe Vázquez Formoso estará acompañada polo alcalde, Juan Manuel Saborido Rama, e pola Agrupación Musical Chan das Lamas de Quilmas.
Novas relacionadas
- Dcembro 22: Guadalupe Vázquez Formoso non para de publicar e estrea a súa novela “Conto de Quilmas”.
- Novembro 22: A terceira aventura do Saltarín de Guadalupe Vázquez dase polo Monte Pindo:
- Guadalupe Vázquez Formoso fixo voar ducias de Saltaríns.
- A mestra Guadalupe Vázquez leva a pequenos e grandes ata a Fin da Terra co seu segundo conto “Saltarín”.