mércores. 30.04.2025
El tiempo

Saltarín, de Guadalupe Vázquez, dá o salto á colección de récord Guinness de Ángel Rodríguez

Foto Lupe Vazquez e Ángel Rodríguez co Saltarin
Foto Lupe Vazquez e Ángel Rodríguez co Saltarin
Saltarín, de Guadalupe Vázquez, dá o salto á colección de récord Guinness de Ángel Rodríguez

A serie de libros de Lupe Vázquez (Voa, Saltarín, ata a Fin da Terra; Con Pasos de Xigante, Saltarín, no Monte do Pindo; Filla da Ruña; Conto de Quilmas e Carburos é o meu dios (Medulia Editorial), pasan a engrosar a colección de libros dedicados do lucense Ángel Patricio Rodríguez, que vai para récord Guinness.

Ángel Rodríguez, amante dos libros e da arte en xeral, posúe unha colección de máis de catro mil cincocentos libros asinados polos seus respectivos autores e autoras. Un deles é o último que puido dedicar Vicente Aleixandre antes de morrer.
Tamén conta con exemplares coa dedicatoria de Camilo José Cela, Mario Vargas Llosa, Torrente Ballester ou Sara Montiel, aínda que o propio Ángel considera que todos teñen a mesma importancia e valor, pois para el “todos son iguales.” 

Comentarios