“Filla da Ruña” é o novo libro de Guadalupe Vázquez Formoso

Despois facer voar a Saltarín pola fin da terra e polo Monte Pindo e tras relatarnos os máis fermosos Contos de Quilmas, Guadalupe Vázquez continúa publicando novas propostas literarias.
Acaba de saír á luz o libro "Filla da Ruña”, “unha homenaxe ao mundo rural, simbolizado neste caso no verxel natural do Monte da Ruña, en Mazaricos – irmán xemelgo do Pedregal Olimpo Celta - e aos moitos tesouros que alberga: á súa riquísima flora e fauna, á pedra de engurras milenarias…”
A carnotá, mestra no Colexio Manuela Rial de Cee, fai este “canto de amor á Natureza, ao rural e á nosa terra, sen máis”. “Hai moitas Ruñas, todos temos unha no noso interior; trátase de non deixalas morrer e reivindicar aquilo que fomos e que somos; a Filla da Ruña é unha metáfora daquela vida que esmorece; trátase dun canto de amor ao rural e á Natureza e, en definitiva, de amor á vida mesma.”
Novas relacionadas
- Marzo 23: Guadalupe Vázquez rescata na casa a historia e a riqueza fonética de Quilmas.
- Febreiro 2023: Guadalupe Vázquez arrincou en Cee a súa xira de presentacións dos "Contos de Quilmas”.
- Dcembro 22: Guadalupe Vázquez Formoso non para de publicar e estrea a súa novela “Conto de Quilmas”.
- Novembro 22: A terceira aventura do Saltarín de Guadalupe Vázquez dase polo Monte Pindo:
- Guadalupe Vázquez Formoso fixo voar ducias de Saltaríns.
- A mestra Guadalupe Vázquez leva a pequenos e grandes ata a Fin da Terra co seu segundo conto “Saltarín”.