venres. 07.02.2025
El tiempo

Guadalupe Vázquez compartiu a súa novela sobre acoso escolar en Brens

Guadalupe Vazquez en Brens
Guadalupe Vázquez compartiu a súa novela sobre acoso escolar en Brens

Nun entrañable acto organizado pola SDC Brens e apoiado polo Concello de Cee, Guadalupe Vázquez Formoso presentou este sábado 11 de xaneiro a súa novela xuvenil “Alicia no Labirinto das Sombras” (Belagua Ediciones).

Na mesa, a autora estivo acompañada por Xosé Cañizo, membro da asociación e coñecido docente, e reflexionouse sobre o tema que a autora trata na obra: o do acoso escolar.

Guadalupe destacou que a novela nace do seu interese por dar visibilidade a unha problemática que pode deixar nas vítimas unha fonda pegada para toda a vida.

Ao finalizar o acto, celebrouse un sorteo de diversos exemplares da recente obra, dedicados pola propia autora.

Máis novas

Comentarios