Guadalupe Vázquez, gañadora dun premio do IX Concurso de relatos curtos de AFAGA

19:52 18/06/23
A AFAGA, Asociación Galega de Alzheimer, vén de anunciar os gañadoras do IX Concurso de relatos curtos “Nun recuncho da memoria”. E na categoría en galego, temos gañadora costeira, que non é outra que Guadalupe Vázquez Formoso. A mestra do CPR Manuela Rial, natural de Quilmas, levou o primeiro premio co seu “Voa, avoa”, que segue a liña dos seus libros.
A temática escollida para este ano foi: “A interxeracionalidade”. "O teu relato reflicte perfectamente a interxeracoonalidade, amósaa dunha forma moi tenra e cun marabilloso uso da linguaxe", sinalan dende o xurado.
Novas relacionadas
- Abril 23: As pequenas fillas da Ruña.
- Marzo 23: “Filla da Ruña” é o novo libro de Guadalupe Vázquez Formoso.
- Marzo 23: Guadalupe Vázquez rescata na casa a historia e a riqueza fonética de Quilmas.
- Febreiro 2023: Guadalupe Vázquez arrincou en Cee a súa xira de presentacións dos "Contos de Quilmas”.
- Dcembro 22: Guadalupe Vázquez Formoso non para de publicar e estrea a súa novela “Conto de Quilmas”.
- Novembro 22: A terceira aventura do Saltarín de Guadalupe Vázquez dase polo Monte Pindo:
- Guadalupe Vázquez Formoso fixo voar ducias de Saltaríns.
- A mestra Guadalupe Vázquez leva a pequenos e grandes ata a Fin da Terra co seu segundo conto “Saltarín”.