Martes. 25.06.2024
El tiempo

Existen ou non as NNXX en Cee?

Existen ou non as NNXX en Cee?

Esta mesma semana, o presidente da Deputación Diego Calvo, e a propia voceira do PP ceense, Zaira Rodríguez, dubidaban da existencia dunha xestora das Novas Xeracións na vila da Xunqueira. Hoxe, Enríque Domínguez, abandeirado das NNXX ceenses, quere clarexar a situación e reivindicar, con esta foto e esta carta, a legal e efectiva consitución dunha xestora oficial das Novas Xeracións.

Precisamente na imaxe, segundo nos conta, vémolo acompañado por Javier Dorado, secretario nacional das NNXX, e a propia Zaira Rodríguez, o día da constitución formal da entidade o pasado 5 de maio de 2011. Estas son as palabras de Domínguez.

"Sobre as Novas Xeracións do Partido Popular de Cee"

En contestación ás declaracións realizadas polo presidente provincial das novas xeracións do partido popular, atópome na obrigación persoal e por respecto aos meus compañeiros de manifestar que fomos constituídos como xestora de novas xeracións o día 5 de Maio deste mesmo ano na sede local do partido popular con presenza do presidente rexional de novas xeracións, secretario xeral autonómico de novas xeracións, membros da executiva local e a candidata ademais de portavoz do partido popular de Cee, Zaira Rodríguez.

De maneira que, se algunha deficiencia existe nas afiliacións, entendemos que debe corrixirse pero sempre en casa e non nos medios de comunicación como foi neste caso. A todo isto, debo manifestar que son o mesmo afiliado o día que constituímos as novas xeracións do partido popular de Cee do mesmo xeito que o día 16 de abril que me despracei a Zaragoza a votar ao congreso nacional, por iso entendo que se hai un erro de forma na miña afiliación ou non consto como afiliado pois imaxino que será perfectamente subsanable posto que do que verdadeiramente temos interese é en formar parte do partido co que nos identificamos plenamente.

Tamén engadir que entreguei persoalmente a folla de afiliación na sede do partido fai un ano aproximadamente. Aínda que debo recalcar que non buscamos entrar en ningún tipo de polémicas nin confrontacion posto que o único que nos move é defender os intereses xerais do partido e traballar co máximo esforzo para achegar todo o posible coa intención de que o próximo presidente do goberno de España sexa Mario Rajoy Brey e nos saque desta profunda crise que nos está sacudindo a todos e abrigo pensando nos máis novos que somos dos sectores que máis estamos padecendo cun 50% de paro.

  • Carta de Enríque Domínguez.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa das NNXX de Cee, da man de Enrique Domínguez.

Comentarios