Falece un home en Cee facendo a Andaina
20:17 30/03/19
Estaba sendo unha mañá marabillosa por Cee. Unhas 400 persoas disfrutaban dos tesouros das terras da Xunqueira na Andaina que abría o programa Coñece a Costa da Morte.
Chegando ao lugar de Estorde, despois da parada para recuperar forzas, un home duns 70 anos sufría unha parada.
Estaba situado na parte de atrás do pelotón, e varias enfermeiras e membros de Protección Civil intentaron reanimalo. Aos 15 minutos chegaría a ambulancia e estiveron outros 40 minutos intentando reanimalo sen conseguilo, confirmando así o seu pasamento.