Martes. 07.05.2024
El tiempo

Falece unha muller na praia de Lires

Operativo emerxencias en lires
Operativo emerxencias no suceso
Falece unha muller na praia de Lires

Unha muller, de 54 anos, faleceu na praia de Lires en Cee tras ser rescatada da auga, segundo informaron desde o 112 e Urxencias Sanitarias 061. Trátase dunha muller francesa con familia da zona.

Sobre as 15.30 horas, o servizo de emerxencias recibía o aviso dun particular que alertaba dunha muller dentro da auga que se atopaba en apertos.

Finalmente, sacárona do mar en estado inconsciente, aínda que faleceu, segundo ratificaron desde o 061, que se trasladou ao lugar. Tamén foron alertados Protección Civil, Garda Civil e Salvamento Marítimo, entre outros efectivos.

Comentarios