Martes. 23.04.2024
El tiempo

Fantástico ambiente no Día da Bici de Cee

Dia da Bici Cee 2022-Foto-Rafa Quintans 5
Día da Bici Cee 2022-Foto-Rafa Quintáns
Fantástico ambiente no Día da Bici de Cee

Un total de preto de 200 persoas, entre 160 participantes máis un operativo dunhas 30 persoas de seguridade e organización (membros do Club Ciclista Cee, voluntarios de protección Civil Cee, servizo médico-ambulancia, policía local Cee, Garda Civil de Tráfico de Corcubión e persoal do servizo de deportes do Concello de Cee) formaron o pelotón da 19º edición do Día da Bicicleta de Cee este sábado 30 de xullo.

Dia da Bici Cee 2022-Foto-Rafa Quintans
Foto-Rafa Quintáns

O percorrido duns 13 kilómetros transcorreu sen incidentes pola vila de Cee nun día extraordinario no que familias completas desfrutaron dun sábado de actividade física. Os ciclistas saíron da casa do Concello ás 11:05horas, chegando ao lugar de avituallamento sobre ás 12:00 horas (Merendero de Ameixenda) e remantado arredor das 13:00 horas nas inmediacións do paseo marítimo de Cee onde se realizou un sorteo de agasallos así como o sorteo dunha bicicleta.

Entre a procecencia, chegaron ciclistas de Fisterra, Carnota, Dumbría, Santa Comba, Ourense, Muxía, Corcubión, Barcelona e Cee.

O participante máis novo foi Duio Trillo Cambeiro de 2 anos (que foi nunha silla cos seus pais) e o máis vello Nardos Castiñeira Ozón de 78 anos, ámbolos de Cee.

Dia da Bici Cee 2022-Foto-Rafa Quintans 3
Foto-Rafa Quintans
Dia da Bici Cee 2022-Foto-Rafa Quintans 1
Foto-Rafa Quintans

Familia no Dia da Bici de Cee

Comentarios