Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Ferida leve a conductora dun coche tras colisionar contra un autobús en Estorde

Ferida leve a conductora dun coche tras colisionar contra un autobús en Estorde
Un accidente entre un coche e un autobús na estrada AC-445 á altura do cámping de Estorde, en Cee, saldouse cun ferido leve. Ata alí desprazaronse membros da unidade de Bombeiros de Cee e da Garda Civil de Tráfico que se encargaron de regular o tráfico e de controlar as perdas de distintos líquido do coche co fin de que éstes non supuxeran un perigo. O sinistro tivo lugar pouco antes das 17:00 horas e, ao parecer, a conductora do coche quedou ferida leve polo que tivo que ser evacuada por unha ambulancia do 061 ata o hospital Virxe da Xunqueira de Cee.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/novo-accidente-mortal-na-costa-do-carrizal/ “Un accidente de dous camións corta a AC552 durante varias horas” — Que pasa na costa “Falecen dous irmáns de Carnota nun accidente de tráfico” — Que pasa na costa “Aparatoso accidente en cadea en Laxe” — Que pasa na costa Fonte  

Comentarios