Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Fernando Fraga leva os grandes do acordeón aos lugares míticos da Costa da Morte

Fernando Fraga leva os grandes do acordeón aos lugares míticos da Costa da Morte
Xa sabedes que na TendaQPC tendes un pac onde atoparedes un dos discos de Fernando Fraga. Un tesouro difícil de atopar na rede, non tanto como estes vídeos de gran beleza e alta calidade que está facendo o acordeonista ceés, coa axuda do corcubionés Marco Lado. Acaba de publicar un novo vídeo dunha serie na que leva grandes da música clásica aos lugares máis emblemáticos “Da Costa da Morte”. Xa tocou a Bach na Capela do Pilar de Corcubión, ou a Giuseppe Domenico Scarlatti no Museo Fernando Blanco. Desta volta, visita o Museo da Pesca de Fisterra, situado no Castelo de San Marcos, para recuperar o traballo incansable de posta en valor do patrimonio mariñeiro da Costa da Morte desenvolto por Alexandre Nerium e Iria García. Fernando conversa co poeta fisterrán, ao tempo que toca unha tremenda peza do compositor francés, Franck Angelis, pedagogo e intérprete de acordeón, composta en 2003, forma xa parte do repertorio habitual dos acordeonistas de todo o mundo. Disfruten das dúas pezas, arriba a gravada en Fisterra, e aquí embaixo a “corcubionesa”.
 
 

Máis información

 

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/presentacion-maxica-para-as-folcromias-de-fernando-fraga-en-corcubion/

Comentarios