Ferro para a Escola de Música


Un novo convenio asinou a Escola de Música para manter a súa actividade. A Escola, un referente comarcal dende 1999, que agora xa non pode depender exclusivamente de fondos públicas, necesita buscar apoios privados, e vén de firmar un convenio con Ferroatlántica. Un apoio que lle vén de marabilla a unha Escola, que segue esperando pola eterna Casa da Cultura.
A empresa aportará recursos para a adquisición de novo instrumental musical.
Actualmente, o centro conta con 140 alumnos de seis anos en diante, incluíndo adultos, procedentes non só de Cee, senón tamén doutros concellos da comarca, como Vimianzo, Muxía, Corcubión, Fisterra, etc… Todos eles reciben clases en materias como música e movemento, linguaxe musical e educación vocal e auditiva.
Novas relacionadas
- Cee viviu unhas Letras de Premios e Música.
- Cee estrea un disco de Alén do Mar no que participou Fernando Fraga.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).