Venres. 26.04.2024
El tiempo

Pechando obradoiros para abrir as portas do mercado laboral

Pechando obradoiros para abrir as portas do mercado laboral
Onte clausurouse en Fisterra o obradoiro de emprego Camiño do Solpor II. Imaxe: Darío Gómez Onte clausurouse en Fisterra o obradoiro de emprego Camiño do Solpor II. Imaxe: Darío Gómez   Unha nova fornada de xente "sobradamente preparada" saiu onte á rúa na procura dun posto de traballo axeitado á formación recibida durante os últimos meses. Concretamente, clausuráronse onte dous obradoiros de emprego nos que participaron, en total, unhas corenta persoas. Fisterra, Cee e Corcubión  Os 20 alumnos e alumnas do obradoiro de Emprego Camiño do Solpor II, que comparten os concellos de Fisterra, Cee e Corcubión, recibiron onte os diplomas e os boletíns de notas que lles dan acceso aos certificados de profesionalidade de "Instrución en Ioga" e de "Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes" e que os situarán en mellores condicións de incorporarse ao mercado laboral. O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, participou onte na clausura deste programa mixto de formación e emprego que tivo lugar en Fisterra e ao que tamén asistiron os alcaldes de Cee, Ramón Vigo, de Corcubión, Manuel Insua, e de Fisterra, José Marcote ademais dos técnicos de emprego dos tres concellos e outros representantes municipais. Con este programa, para o cal a Xunta destinou uns 180.000 euros, estas persoas sen emprego accederon a un posto laboral a través do que levaron a cabo o acondicionamento de diversas zonas verdes e xardíns dos tres municipios e participaron en xornadas de portas abertas e demostrativas de ioga nos centros educativos das tres localidades. En concreto, en Fisterra melloraron o xardín da rúa Patres, do parque biosaudable de Langosteira, de San Roque, do área infantil de Santa María das Areas, e de zonas recreativas do espazo de Cabanas. En Cee puxeron en valor os xardíns do paseo marítimo, da Praza dos Castiñeiros e do contorno do centro comercial. Por último, en Corcubión acondicionaron as zonas verdes da Praza do Concello. Alfonso Marnotes, director xeral de Orientacion e Promocion Laboral, asistiu ao acto de clasura. Imaxe: Darío Gómez Alfonso Marnotes, director xeral de Orientación e Promoción Laboral, asistiu ao acto de clasura. Imaxe: Darío Gómez Durante a clausura, os tres alcaldes resaltaron a importancia deste tipo de proxectos vinculados á formación e ao emprego e anunciaron que xa teñen presentada a solicitude para un novo Obradoiro de Emprego. Pola súa banda, os alumnos calificaron de moi positiva a formación recibida por conxugar formación teoríca con formación práctica aínda que consideran que a formación debería ser dun mínimo de 9 meses. O director xeral de Orientación e Promoción Laboral salientou que “apostar pola formación e a aprendizaxe é apostar pola creación de empregos estables e de calidade”. Terra de Xallas En Santa Comba clausurouse un obradoiro de albanelería En Santa Comba clausurouse un obradoiro de albanelería Tamén en Santa Comba se clausurou onte un obradoiro no que, durante seis meses, participaron 19 persoas en situación de desemprego. No taller impartíronse dous módulos de albanelería cos que levaron a cabo o acondicionamento e rehabilitación do Centro de formación escola-obradoiro.

Comentarios