![micoloxía-cee1]()
Os concellos de
Fisterra e de
Cee preparan as súas
xornadas adicadas á micoloxía coas que se pretenden achegar esta rama da bioloxía á cidadanía.
I Xornadas Micolóxicas na Fin da Terra
![I XORNADAS MICOLOXICAS NA FIN DA TERRA]()
Así, durante a última fin de semana de outubro haberá en Fisterra varias actividades que xiran sobre o mundo dos cogumelos. A primeira cita é o sábado,
31 de outubro, ás 10 da mañá para saír dende a praza do concello fisterrán ata os montes da contorna co fin de que os participantes fagan as súas propias recollidas. Ese mesmo día, ás 19 horas no salón de actos do casa consistorial, aprenderán sobre o recolectado grazas a unha charla-conferencia da man de
José Manuel Castro Marcote. Xa o domingo,
1 de novembro, os participantes nestas primeiras xornadas micolóxicas que se celebran en Fisterra, expoñerán os cogumelos recollidos no mercado municipal da vila.
Estas xornadas están organizadas polo
concello de Fisterra e pola
asociación Pan de Raposo.
Míticas Xornadas Micolóxicas de Cee
![Xornadas Micoloxicas de Cee 2015]()
Despois chégalle o turno ás xa míticas XV Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte, que artella a Asociación Pan de Raposo e que este ano estrean a Casa da Cultura de Cee.
Serán os días
7 e 8 de novembro nas que
José Manuel Marcote guiará unha visita e ofrecerá unha conferencia sobre a toxicidade dos cogumelos. Pola súa banda,
David Martínez Lago falará sobre as aves presentes na Costa da Morte. E xa o domingo 8 de novembro pola mañá,
Manuel Pose Carracedo guiará unha visita e pola tarde, Marcote ofrecerá unha nova charla sobre "Os cogumelos comestibles e posibles confusións".
Paralelamente, a casa da cultura de Cee acolle ese mesma fin de semana unha
exposición de especies micolóxicas e dos traballos realizados polos rapaces e rapazas dos colexios da zona. O hotel restaurante Larry, de Cee, ofrecerá unha
degustación de pinchos onde os cogumelos serán o principal ingredinte.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)