Luns. 07.10.2024
El tiempo

Folcromías, o primeiro disco en solitario de Fernando Fraga, xa está na rúa

Folcromías, o primeiro disco en solitario de Fernando Fraga, xa está na rúa
Folcromias de Fernando Fraga

Parece que está todo o día metido na Escola de Música de Cee, como director que é, pero Fernando Fraga ten tempo para moitas máis cousas. Non hai moito que levou o seu acordeón ao Festival Intercéltico de Lorient, mentres paralelamente acodía á grabación do seu primeiro disco en solitario.

Efectivamente, acordeonista ceense acaba de publicar o seu primeiro disco en solitario: "FOLCROMÍAS”.

Con obras de compositores clásicos como J. S. Bach ou Astor Piazzolla, o disco tamén conta coa interpretación de obras orixinais para acordeón clásico de compositores de paises do leste, como Finlandia, Polonia ou Ukraína.
Ademais, hai un arranxo dunha melodía tradicional da zona de Ponteceso, a "Foliada de Anllóns", así como unha obra orixinal escrita polo propio intérprete para bandonéon en homenaxe á costa da morte: "Na costa, un intre…”

Con anterioridade, Fernando fraga, ten colaborado en discos de Carlos Núñez, Pancho Álvarez ou o gaiteiro Oscar Ibáñez, con que toca na actualidade.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios