mércores. 13.11.2024
El tiempo

A Fundación Fernando Blanco presenta a talla de Manuel Canosa feita coa madeira do abeto grego centenario

Manuel Canosa e a arbore centenario da Fundacion Fernando Blanco
Manuel Canosa presentará a talla creada coa póla dunha árbore do abeto grego da Fundación
A Fundación Fernando Blanco presenta a talla de Manuel Canosa feita coa madeira do abeto grego centenario

Continúa a tope a 11ª Edición do programa Educativo Cultural O Mes da Fundación Outubro 2024. Este martes foi a quenda da Compañía Tarabelos que desenvolviu a sesión de narración oral e kamishibai titulada "Debulendo lendas galegas" para alumnado de infantil e 1º e 2º de Primaria da Escola Infantil de Pereiriña, CEIP de Brens, CEIP Vila de Cee, CPR Manuela Rial, así como tamén para usuari@s de ASPADEX.

David Ballesteros da empresa Ceo Aberto en Cee
David Ballesteros da empresa Ceo Aberto en Cee

Na xornada do mércores, David Ballesteros da empresa Ceo Aberto, impartiu dúas sesións de ciencia divulgativa titulada "Da panca ao láser" para alumnado de 3º e 4º da ESO e Bacharelato dos dous Institutos de Cee e para o CPR Manuela Rial.

En clave escolar, este xoves hai 4 sesións do Planetario Portatil "Navegando polo Universo" impartidas por Íñigo de la Quadra Salcedo para o alumnado de 5º de Primaria do CEIP Vila de Cee e CPR Manuela Rial.

Pero a cita máis esperada é que terá hoxe xoves ás 20:00h no Salón de Actos do Instituto. Trátase do acto de presentación da talla elaborada cun anaco dunha das pólas do centenario Abeto Grego do Xardín Botánico que, xusto fará mañá un ano, un temporal derrubouno.

O autor da talla, que será unha homenaxe a Fernando Blanco de Lema en particular, e ao legado educativo e cultural da emigración galega en xeral, é Manuel Canosa Santamaría, ex alumno do Instituto e ex profesor durante 34 anos do mesmo. Intervirán no acto, ademais do propio artista, Sonia López Bugeiro, Directora do IES Fernando Blanco e Darío Areas Domínguez, Secretario da Fundación.

Máis novas

Comentarios