Outubro, o Mes cultural da Fundación Fernando Blanco
Volve a Fundación Fernando Blanco de Lema, achegar a cultura a vila de Cee co gallo da 11ª Edición do Programa Educativo Cultural “O Mes da Fundación. Outubro 2024”. Un programa para celebrar que outubro é o mes do nacemento de Fernando Blanco de Lema un 18 de outubro de 1796 e a inauguración do Instituto que merecidamente leva o seu nome un 2 de outubro de 1886.
Un programa de historia, ciencia, literatura, medicina… formulado para dous públicos: o alumnado dos centros de ensino e o público en xeral, que se desenvolverá os sábados 5, 12, 19 e 26 de outubro ás 20:45 horas no Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura de Cee.
Programa para os centros de ensino
- Mércores 9 de outubro (11 e 12 horas. Casa Cultura Cee). “Da panca ao láser”. Espectaculo con David Ballesteros para o alumnado de 3º e 4º da ESO do C.P.R. Manuela Rial, I.E.S. Agra de Raíces e I.E.S Fernando Blanco, e na 2ª Sesión para alumnado de Bacharelato do I.E.S. Agra de Raíces e I.E.S. Fernando Blanco.
- Martes 15 de outubro (11 horas. Casa da Cultura de Cee). “Debulendo Lendas galegas”. Espectáculo de Narración oral e kamishibai (teatro de papel) a cargo de Tarabelos. Para o alumnado de 1º e 2º de Primaria do C.E.I.P. Vila de Cee, do C.P.R. Manuela Rial, alumnado do C.E.I.P. de Brens, da E.E.I. de Pereiriña e usuari@s de ASPADEX.
- Xoves 17 de outubro (10, 11, 12 e 13 horas. Casa da Cultura de Cee). “Navegando polo Universo”. Catro obradoiros de astronomía (Planetario portátil) con Íñigo de la Quadra Salcedo. Para o alumnado de 5º de Primaria do C.E.I.P. Vila de Cee e do C.P.R. Manuela Rial.
- Martes 20 de outubro (11 horas. Casa da Cultura de Cee). “A vendedora de fume”. Sesión de Contos con Cristina Collazo. Para o alumnado de 3º e 4º de Primaria do C.E.I.P. Vila de Cee e do C.P.R. Manuel Rial.
Programa para o público en xeral
- Sábado 5 de outubro (20:45 horas. Casa Cultura Cee). “A escandinavia vikinga e os seus contactos interculturais”. Conferencia a cargo de Irene García Losquiño. Doutora en Estudos Escandinavos pola Universidade de Aberdeen (Escocia) e Comisaria da Exposición “Unha vida vikinga” da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
- Sábado 12 de outubro (20:45 horas. Casa da Cultura de Cee). “O valor cultural da toponimia galega a través dos nomes do Concello de Cee”. Conferencia a cargo de Vicente Feijoo Ares, especialista en Toponimia do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega e Coordinador Técnico da Plataforma Galicia Nomeada.
- Sábado 19 de outubro (20:45 horas. Casa da Cultura de Cee). “Música e evolución”. Concerto didáctico a cargo de Pavlo Carpinteiro e Rosa Sánchez, Músicos, investigadores e artesáns.
- Sábado 26 (20:45 horas. Casa da Cultura de Cee). "O Traballo de Andrea". Teatro do Colectivo Cultural Riomaio,