mércores. 11.02.2026
El tiempo

O Fútbol da Costa envorcouse na loita contra o Cancro

O UC Cee coa AECC
O UC Cee coa AECC
O Fútbol da Costa envorcouse na loita contra o Cancro

Fin de semana verde o que se viviu na comarca arredor das accións solidarias polo Día Mundial contra o Cancro da man da Xuntas Locais da AECC, co obxectivo de reforzar a sensibilización e o apoio ás persoas afectadas pola enfermidade. Por un lado a campaña “A Compra da Túa Vida” estivo moi presente en varios supermercados, e polo outro, o deporte local volveu amosar o seu apoio e compromiso, como xa fixera hai unhas semanas.

Durante a fin de semana, os equipos Cee, Corcubión, Dumbría, Corme, Ponteceso, Coristanco... luciron brazaletes verdes nos seus encontros como mostra de apoio á causa, e botaron uha foto coas responsables das xuntas locais.

Corme e Mazaricos coa AECC-Foto-Fin Lema
Corme e Mazaricos coa AECC-Foto-Fin Lema
Muxia e Union Campestre coa AECC-Foto-Marina Busto
Muxia e Unión Campestre coa AECC-Foto-Marina Busto
11 do CF DUmbria ante o Corme
O Dumbría feminino tamén vestiu o brazalete verde 
Equipos de Corcubión e Ponteceso coa AECC
Equipos de Corcubión e Ponteceso coa AECC
SD Coristanco na Rocheira coa AECC
SD Coristanco na Rocheira coa AECC
Nanton e Camelle nas Fontinas contra o cancro
Nantón e Camelle nas Fontiñas coa AECC

“A Compra da Túa Vida”, campaña activa ata o 15 de febreiro

AECC no Gadis de Toba Cee
Xenres da AECC no Gadis de Toba, Cee

Así mesmo, do 6 ao 15 de febreiro, a campaña “A Compra da Túa Vida” permanece activa nos establecementos adheridos —nesta zona, os supermercados Gadis—, onde calquera persoa pode realizar un donativo directamente na caixa. O voluntariado da Xunta Local seguirá presente durante estes días, informando á cidadanía e animando a participar na iniciativa.

Os fondos recadados destínanse integramente a programas de apoio a pacientes e familiares e a proxectos de investigación impulsados pola AECC.

AECC no Gadis de Toba
A AECC no Gadis de Toba

Comentarios