Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Humor e teatro da casa para a programación cultural de Cee

Patricia Berenguer a esquerda cos seus companeiros de Bestiario
Patricia Berenguer, á esquerda cos seus companeiros de Bestiario
Humor e teatro da casa para a programación cultural de Cee

Arrinca este sábado o programa con 22 eventos dos primeiros meses do ano de Cee. E faino cunha obra moi especial, xa que este sábado, a compañía Bestiario de Madrid chega coa súa obra “El viaje a ninguna parte” de Fernando Fernán Gómez, coa presencia de Patricia Berenguer, rapaza con raíces en Corcubión (Xoubanova).

O domingo vibraremos co monólogo de multipremiado e malo malérrimo Luis Zahera, que forma parte do ciclo “CeeComedy”. Un ciclo que continuará nos seguintes meses con outros grandes artistas do panorama nacional como José Corbacho, Beatriz Rico ou Xavier Deltell, quen poñerá punto e final a esta programación o domingo 7 de maio.

Outra cita especial será a estrea do novo espectáculo teatral da compañía Talia Teatro. “Unha inimiga do pobo”, obra de gran formato, con oito actores en escea, verá a luz na primeira fin de semana do mes de marzo de forma conxunta co Teatro Rosalía de A Coruña.

Xunto co teatro para adultos, a programación para un público máis familiar protagonizará, sen dúbida, algunhas das citas ineludibles da vindeira programación.
A Tropa de Trapo en xaneiro, Cantando con Pinocho e A viaxe de Rosalía de Castro en febreiro, a maxia pola igualdade, teatro para bebés e ata un Quixote moi especial, no mes de abril para conmemorar o Dia Internacional do Libro, forman parte dunha proposta para os máis pequenos da casa e as súas familias, que terá o seu punto álxido o 11 de marzo coa representación de “El origen del hielo. Tributo a Frozen”, a cargo da compañía madrileña Onbeat.

Comentarios