martes. 03.02.2026
El tiempo

O IES Agra Raíces e o CRA Ponde da Pedra acollen sendos peches reivindicativos do profesorado

Concentracion contra os recortes no IES Agra Raices
Imaxe dunha concentración da comunidade escolar do IES Agra Raíces contra os recortes a comezos de curso
O IES Agra Raíces e o CRA Ponde da Pedra acollen sendos peches reivindicativos do profesorado

A semana pasada comezaron, organizados pola CIG-Ensino e o STEG, os peches nos centros de ensino para seguir evidenciando as reivindicacións que neste curso 2025-2026 xa levaron a convocar 5 xornadas de folga.  

O profesorado continúa demandándolle á Consellaría de Educación unha negociación de cara a conseguir melloras das condicións laborais, a baixada de ratios, a dotación de maior persoal para atender a diversidade aumentando o profesorado de AL, PT e orientación, retribucións salariais dignas, redución de burocracia, recuperación do horario lectivo, redución da xornada lectiva para maiores de 55 anos, recuperación das licenzas non retribuídas..., entre outras. 

Na comarca da Coruña fíxose un peche reivindicativo o 27 de xaneiro nun CEIP da cidade (o Concepción Arenal) e CIG e STEGA outros dous programados para esta semana: hoxe 3 de febreiro, no IES Agra de Raíces de Cee e o xoves, 5 de febreiro, no CRA Ponde da Pedra de Carballo. Ambos comezarán a partir das 18h.

O PSOE leva as carencias do Fernando Blanco ao Parlamento

O PSdeG-PSOE rexistra unha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia que a Consellería de Educación da Xunta solucione os "graves problemas" do IES Fernando Blanco de Cee, "estruturais, eléctricas, térmicas e de seguridade". 

Con isto, en palabras da deputada Patricia Iglesias, o Grupo Parlamentario Socialista busca ser "a voz tanto da dirección do centro como da comunidade educativa e da ANPA", ao falar dun instituto "tan relevante na vila de Cee e en toda a comarca". 

"A seguridade do alumnado e do profesorado non poden esperar, o IES Fernando Blanco é parte esencial da historia deste municipio, de toda a comarca, do noso futuro", afirma Iglesias, que incide en que "defender este centro é defender a educación pública en maiúsculas e o dereito da nosa mocidade a estudar en condicións dignas". 

 

Comentarios