sábado. 31.01.2026
El tiempo

A Comunidade Escolar do IES Agra Raíces únese ao peche reivindicativo dos #MartesenLoita

Martes en Loita do profesorado
Imaxes dos martes en Loita do profesorado en toda Galicia
A Comunidade Escolar do IES Agra Raíces únese ao peche reivindicativo dos #MartesenLoita

Vanse sumando centros de ensino da comarca aos peches reivindicativos do profesorado que veñen de convocar os sindicatos CIG-Ensino e STEG - Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galicia, no marco da campaña dos #MartesenLoita para visibilizar as carencias do noso sistema educativo e reclamar xuntos as melloras que precisamos para o ensino público galego.

Un dos centros que parará será o IES Agra Raíces, cando o profesorado realice a súa primeira acción martes 3 de febreiro, ás 18:00 horas. Contará ademais coa implicación das familias e das e dos estudantes, unha vez que na ANPA xa convocaron tamén ás familias.

As peticións son claras dende o comezo de curso: máis persoal para atender á diversidade, ratios máis baixas, mellores recursos e condicións dignas para todas e todos.

Máis novas

Comentarios