mércores. 30.04.2025
El tiempo

O IES Fernando Blanco, único centro costeiro no proxecto “As catedrais educativas de Galicia”

10,00 h.-         O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, reunirase cos centros participantes do novo proxecto Catedrais educativas de Galicia. No edificio Fontán (monte Gaiás, s/n). foto xoán crespo
O IES Fernando Blanco, único centro costeiro no proxecto “As catedrais educativas de Galicia”

Sonia López, a directora do IES Fernando Blanco (de vermello na parte esquerda da foto), participou esta mañá na presentación do novo proxecto As catedrais educativas de Galicia. Unha iniciativa da Xunta de Galicia para “poñer en valor o patrimonio histórico, arquitectónico e educativo” de 25 centros de ensino senlleiros da nosa Comunidade.

O proxecto constará dunha exposición itinerante e nunha publicación conmemorativa, entre outras actividades, para afondar na historia arquitectónica dos edificios que ocupan estes centros, aspectos históricos, a súa relación coa contorna e os elementos que lles dan a súa singularidade. Tamén se abordarán cuestións como os fitos relevantes e curiosidades na traxectoria destes colexios e institutos ao longo dos anos, así como os estudantes ilustres que se formaron nas súas aulas.

Ademais do ceense, os escollidos son: IES Eusebio da Garda (A Coruña), Salvador de Madariaga (A Coruña), Concepción Arenal (Ferrol), Rosalía de Castro (Santiago de Compostela), San Clemente (Santiago), Xelmírez I (Santiago de Compostela), Lucus Augusti (Lugo), Nosa Sra. Dos Ollos Grandes (Lugo), San Rosendo (Mondoñedo), Celanova-Celso Emilio Ferreiro (Celanova), Otero Pedrayo (Ourense), Universidade Laboral (Ourense), Escolas Proval (Nigrán), Valle-Inclán (Pontevedra), Sánchez Cantón (Pontevedra), Santa Irene (Vigo) e San Tomé de Freixeiro (Vigo).
No caso dos centros integrados de FP, inclúense os centros integrados de Formación Profesional Universidade Laboral (A Coruña), Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela), A Granxa (Ponteareas) e Manuel Antonio (Vigo). Seleccionáronse, ademais, a Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón (Lugo), o Conservatorio Superior de Música de Vigo e o Centro de Educación Especial CEE Saladino Cortizo (Vigo).

Comentarios