mércores. 26.03.2025
El tiempo

Incendio nunha vivenda no centro de Cee

Incendio nunha vivenda no centro de Cee
Incendio no atico de Cee-Foto-Rafa Quintans Incendio nun ático de Cee-Foto-Rafa Quintans

A pasada noite do venres, arredor das 21:00h, producíase un incendio nun ático da rúa da Concordia, en pleno centro de Cee. Protección Civil e os Bombeiros (estes volvendo dende Vimianzo tras atender a caída dun tendido eléctrico) acodían de inmediato. O lume de proporcións considerables saía polas fiestras facendo saltar as alarmas de todos os veciños que andaban pola praza do centro.

Con pouca visibilidade e varias persoas evacuadas do edificio, subiron ata o quinto andar, localizando un foco no salón da vivenda, procedendo a súa extinción previo rastrexo de posibles vítimas, das cales unha persoa de 59 anos de idade e inquilina xa fora evacuada por inhalación de fume.Afortunadamente non houbo máis que danos materiais e tras ventilar e asegurar a zona, puideron marchar.

Bombeiros en Cee-Foto-Raf Quintans Bombeiros en Cee-Foto-Raf Quintans

Fonte

  • Bombeiros de Cee.

Comentarios