Jaime Casais: “A xente está máis concienciada que nunca de que facer a compra local”

Se unha cousa debería quedar deste singular 2020, deberíase ser en clave local. E parece que a veciñanza da comarca ten máis claro que nunca a importancia de que o consumo sexa o máis interno que nunca.
Teno claro Jaime Casais, director do Centro Comercial Finisterrae de Cee, onde están inmersos nun nadal absolutamente seguro.
- QPC: Antes de nada, como lle afectou ao Centro Comercial Finisterrae e ao comercio da zona toda esta pandemia?
O ano está sendo durísimo. Pero aquí somos de resistir, e estamos máis acostumados que outros.
- QPC: Como está comezando este Nadal a nivel comercial en Cee?
O supermercado non parou nunca de funcionar ben, pero é certo que o comercio pequeno, ou o cine, que tivo que pechar unha temporada, si que sufriron algo máis. Pero estamos con esperanza de empezar a remontar, creo que o nadal será unha boa época.
- QPC: Ves a xente implicada co comercio local?
Penso que si, a xente está conciencia de que este ano hai que facer a compra local. O que mercas en Cee queda en Cee, o que mercas na Costa da Morte queda na Costa da Morte.
- QPC: Que medidas está tomando o Centro Comercial Finisterrae para asegurar unha compra segura?
O centro Comercial é segurismo. Estamos tendo coidado para gardar distancias, vixiando que a xente non se pare a falar, hai xeles, fixemos un reforzo da limpeza, temos máscaras por se alguén vén sen ela, estamos controlando o aforo limitado… O Centro é segurísimo, e os cines tamén, por suposto.
En calquera caso, vemos á xente moi concienciada e con moita cautela. A Asociación terá que aparcar os eventos e dedicalo á formación e axudar
- QPC: Que cres que ofrece o CCF ao consumidor da zona?
A cercanía, o trato máis persoal, a confianza. Aquí somos todos somos veciños e ves o que xeneras coa túa compra. Bon van atopar outro trato máis persoal. Ao fin e ao cabo, somos todos familia.
- QPC: Vai haber eventos este Nadal?
Tivemos unha sesión de DJ de villancicos, que volveremos ter, pero a verdade é que non podemos facer eventos, estamos disgustados pero temos que ter máis precaución que nunca. Nese sentido dende a Asociación de Empresarios, que agora está algo parada, hai que redirixila porque tamén estaba máis enfocada a facer eventos e tal e como está a cousa deberíamola enfocar a axudar ao empresario doutra maneira.
O que si temos son os sorteos de 5 lotes de Nadal, a través dos tickets de compra. Daremos o gañador o día de Noiteboa ás 12:00h.