![Alumnos de Cee no Mes da Fundacion]()
Alumnos de Cee disfrutaron da charla de Casto Rivadulla no marco do Mes da Fundacion
![Castro Rivadulla no Mes da Fundacion Fernando Blanco]()
Casto Rivadulla no Mes da Fundacion Fernando Blanco
Un luxo contar na comarca con programas culturais como o do
Mes da Fundación Fernando Blanco. Un outubro cargado de actividades, para público en xeral, que
esta fin de semana disfrutou da actuación de Marcos DoBode, como para o alumnado dos centros de ensino de Cee.
Este pasado martes 16 de outubro celebrábase a segunda conferencia, á que acodían máis de 200 alumnos de bacharelato do IES Fernando Blanco e do IES Agra de Raíces de Cee. Unha conferencia, baixo o título “Estás seguro do que ves?”, de Casto Rivadulla. O profesor de Fisioloxía na Universidade da Coruña, investigador en Neurociencia, e Doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, actualmente é membro do grupo de Neurociencia e control motor da Universidade da Coruña. É ademais un divulgador nato, como o demostran os seus premios ou a organización dos “cafés teatro científicos”, unha das actividades de divulgación científica con máis éxito e repercusión dos últimos anos en Galicia.
Casto Rivadulla fixo reflexionar ao alumnado sobre a percepción do mundo que nos rodea. “O que vemos non é mais, nin menos, que a ilusión que crea o noso cerebro en cada momento. Asumimos que o que sentimos corresponde coa realidade, pero podería non ser así, de feito, cada cerebro, como ente único, crea a súa propia realidade”, explicou ante unha rapazada perplexa.
Afondou no proceso de percepción, que vai dende que un estímulo alcanza os nosos receptores ata que o cerebro da sentido a ese estímulo. Pero tamén falou de ilusións, de maxia, de confusións da percepción…, poñendo en dúbida a fiabilidade dos nosos sentidos e a súa capacidade para procesar toda a información que reciben.
Nova cita escolar
![Quico Cadabal en Cee]()
Hoxe mércores 17 de outubro, ten lugar un conto musical para descubrir a esencia da música, titulado "Conto para escoitar mentras bailamos un vals", a cargo de Caxoto Contacontos, e dirixido a alumnado de 1º e 2º de Primaria, así como a usuari@s de ASPADEX.
Quico Cadaval
A vindeira cita para o público xeral será o sábado 20 de outubro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Cee.
Quico Cadaval representará "Os Inocentes", onde nos relatará as historias de 3 persoas que viviron a Guerra Civil e que nunca foron contadas
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/marcos-dobode-levou-a-fundacion-fernando-blanco-de-viaxe-polas-musicas-do-pais/
https://quepasanacosta.gal/a-fundacion-fernando-blanco-de-lema-celebra-outro-mes-da-fundacion/