Martes. 15.10.2019
El tiempo

O Manuela Rial celebrou, en inglés, o “Zero Emissions Day”

O Manuela Rial celebrou, en inglés, o “Zero Emissions Day”
O Manuela Rial celebrou, en inglés, o “Zero Emissions Day”

Con motivo da celebración este 21 de setembro do “Zero Emissions Day” (Día Mundial Sen Emisións Contaminantes), o CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo de Cee deu comezo onte á primeira das xornadas encamiñadas a concienciar ao alumnado delimpacto dos nosos hábitos cotiáns sobre o medio ambiente.

Nesta experiencia interactiva, coordinada porla profesora especialista de Inglés, Guadalupe Vázquez Formoso e teatralizada íntegramente en Inglés, participaron alumnos de Educación Infantil e Primaria. O obxectivo é concienciar lúdicamente aos alumnos do impacto medioambiental que teñen actos comúns como deixar correr a auga, consumir electricidade de xeito innecesario ou non reciclar.

Educar desde o exemplo

Desde o centro escolar ceense destacan que estas xornadas de sensibilización medioambiental son froito do propio ideario da institución académica, que cre que “os docentes temos unha gran responsabilidade no noso labor educativo porque somos os exemplos a seguir para os nosos alumnos”, como así o manifestou o director do CPR Manuela Rial Mouzo, Jesús Sánchez Branco, quen destacou que “neste centro apostamos por que os nenos reciban unha sólida base en educación ambiental durante a súa formación escolar como vía para desenvolveren eles unha maior preocupación polo tema e uns hábitos de consumo máis responsables”. A escola, destaca Sánchez Branco,”pode e debe ser un espazo ideal para concienciar e educar ás persoas, desde nenos, sobre a importancia de coidar o medio ambiente”.

Comentarios