Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Mar e música no comezo das Festas da Xunqueira

Xose Iglesias nas Festas da Xunqueira 2021-Foto-Rafa Quintans
Xose Iglesias leu o pregón das Festas da Xunqueira 2021-Fotos-Rafa Quintáns
Mar e música no comezo das Festas da Xunqueira

Arrincaron as Festas da Xunqueira. E foi Xosé Iglesias o que abriu co seu pregón estas esperadas datas. O poeta mariñeiro lembrou aqueles anos nos que tiña dúas datas no corazón: o Nadal e as Festas Patronais dun agosto cheo de sol e familia. Lembrou tamén como, anos máis tarde, choraba dende o Gran Sol a saída da Virxe, dando conta desa morriña de amor que tanto ten pola súa vila. Lembraba o seu colexio Manuela Rial, e as pedras escombreiras da fábrica que pasaban por diante.

Festas da Xunqueira 2021-Foto-Rafa Quintans

De seguido, nunha ateigada (como se pode nestes tempos) Praza 8 de marzo, tocaba NostálgicA. Pero a gran cita chegou co concerto de Rocío Caamaño. A artista ceense voltaba facer as delicias dos seus veciñ@s, cunha banda con xentes tamén da casa, como o acordeonista e director da escola de música Fernando Fraga.

Rio Caamano e acordeon Festas da Xunqueira 2021-Foto-Rafa QuintansRocio Caamano e banda nas Festas da Xunqueira 2021-Foto-Rafa Quintans
Fotos de Rafa Quintáns

A vila continúa esta fin de semana cunha completa programación, coa cabeza tamén posta na VII Semana das Artes Escénicas e Musicais "A EsCEEna”, que traerá 6 espectáculos de primeira calidade entre o 17 e o 22 de agosto.

Máis información

Comentarios