Venres. 19.04.2024
El tiempo

Marcos Rodríguez segue sumando recoñecementos: X Premio Principado de Asturias de Fotografía en Libre Creación

Marcos Rodríguez segue sumando recoñecementos: X Premio Principado de Asturias de Fotografía en Libre Creación
Foto de Marcos Rodriguez Ganadora do Premio Principado de Asturias Libre Creacion 2018 Trofeo Premio Principado de Asturias de Fotografia O Trofeo do Premio Principado de Asturias de Fotografía só pesa 11 kg Non, non é unha nova repetida. É un premio máis, que suma Marcos Rodríguez. O fotografo carballés,  acaba de recibir outra gran nova. É o gañador do X Premio Principado de Asturias de Fotografía en Libre Creación, un dos premios (este de carácter bienal) máis importantes a nivel estatal, xunto cos Goya, os Lux e os Quijote. " Non contaba con gañalo dende logo, porque había sobretodo dúas fotos na miña categoría que me parecían espectaculares, pero ao final, xa ves ti, e coa foto que menos pensaba que podería gañar", explica con humildade despois de levar o premio á segunda vez que se presenta. "Que supón para mín? Home, gañar un premio sempre está ben, a ninguén lle amarga un doce. A min encántame que me recoñezan o meu traballo pero tamén é certo que coas nominacións sempre me dou por máis que satisfeito". Non puido asistir por motivos persoais á gala de entrega de premios, e un amigo recolleu un dos trofeos máis pesados dos concursos de fotografía estatais: só pesa 11 kg! Un premio que de seguro lucirá estupendamente no seu xa repleto recuncho de premios que ten no seu estudio de bodas, situado en Cee.  

Máis nominacións

Marcos está pendente agora doutra nominacion máis, o Premio Internacional de la imagen Luces de Granada, pois unha foto da rapa das bestas está entre as finalistas. Marcos rodriguez finalista luces de grabada

Novas de Marcos Rodríguez

https://quepasanacosta.gal/as-miradas-de-marfil-enchen-de/ https://quepasanacosta.gal/marcos-rodriguez-revalida-o-titulo-de-fotografo-europeo-do-ano/

Fonte

Comentarios