Marcos Rodríguez volve á final da “Eurocopa” de fotografía
23:28 21/02/18
Marcos Rodriguez recibindo o ano pasado en Catania a Golden Camara da FEP
Non para de darnos alegrías. O fotógrafo carballés afincado en Cee, Marcos Rodríguez, foi seleccionado como finalista no prestixioso “European Photographer of the Year Awards”. Un premio que outorga a Federación Europea de Fotógrafos Profesionais FEP, no que xa leva sendo finalista tres anos consecutivos. MR xa se fixo o ano pasado coa aprezada “Golden Camera” (Cámara de Ouro) e este ano volve ter opcións.
As obras coas que Marcos compite na categoría de “Reportaxe Gráfico” son seis, catro realizadas en Costa de Marfil, unha dun vendedor de paraguas en Sicilia e outra dun incendio na Costa da Morte pero haberá que esperar ata o certame, que terá lugar o 25 de marzo en Bray (Dublín), para que a organización desvele con que tres das seis imaxes quedou finalista, xa que é a suma das tres máis puntuadas a que outorga a súa posición final no certamen.
O xurado estivo composto por 14 xuíces internacionais e presidido por Jorgen Brandt.
Estas son algunhas das fotos seleccionadas:
Foto de Marcos Rodríguez dun incendio da Costa da Morte
Foto de Marcos Rodríguez en Sicilia
Foto de Marcos Rodríguez en Costa de Marfil
Foto de Marcos Rodríguez dun neno de Costa de Marfil
Novas relacionadas
- Outubro 17: Marcos Rodríguez xa é todo un Maestro Fotógrafo.
- Abril 17: MR: A Cámara de Ouro da fotografía europea é costeira.
- Marzo 17: A Federación Española de Fotógrafos concédelle dous novos recoñecementos a Marcos Rodríguez.
- Marzo 17: Marcos Rodríguez, o fotógrafo máis internacional da historia da Costa da Morte, expoñendo na casa
- Febreiro 17: Marcos Rodríguez aspira a gañar a Cámara de Ouro dos Fotógrafos Europeos
- Decembro 16: Marcos Rodríguez representará por terceira vez a España no Mundial de Fotografía.
- Outubro 16: Marcos Rodríguez, “Fotografo Distinguido” e doble “Fotógrafo do ano” pola FEPFI.
- Febrero 16: MR, no Top Ten dos Fotógrafos Europeos.
- Xuño 16: Marcos Rodríguez homenaxea á xente da Costa da Morte a través dunha exposición de fotografía
- Xaneiro 16: Marcos Rodríguez, de nominación en nominación
- Xaneiro 16: Marcos Rodríguez aspira a convertirse no Quijote da fotografía estatal.
- Decembro 15: “Repetir a medalla de Prata da Copa do Mundo de Fotografía antóxase difícil, pero soñar é gratis”.
- Abril 15: “Gañar a medalla de prata nunha Copa do Mundo de Fotografía cunha imaxe da Costa da Morte… Emocióname”.
Novas de fotografía nocturna
- Novembro 17: As noites de Daniel Llamas en Nariga, Louro e Vilán, premiadas de novo.
- Xuño 17: Rubén Santa María caza unha espectacular Vía Láctea sobre O Pindo.
- Abril 17: A Torreira do Cabo Vilán volve recorrer o mundo protagonizando unha foto premiada de Daniel Lois.
- Outubro 16: A Punta Nariga nocturna de Daniel Llamas segue colleitando recoñecementos.
- Outubro 16: Daniel Llamas recibe unha nova mención internacional coa Vía Láctea de Punta Nariga.
- Setembro 16: O Faro Vilán e Cristina Fernández, protagonistas dun premio nacional de Astrofotografía.
- Xuño 16:Unha foto de Fisterra, premio no World at Night.
- Redacción QPC ([email protected])