luns. 15.06.2026
El tiempo

A Olimpiada Cultural do IES Fernando Blanco debateu sobre os hábitos saudables

Olimpiada do IES Fernando Blanco
A Olimpiada Cultural do IES Fernando Blanco debateu sobre os hábitos saudables

O venres 12 de xuño celebrouse no IES Fernando Blanco a XV Olimpíada cultural "O Saber ten premio", sen dúbida un dos sinais de identidade do IES Fernando Blanco, que comezou a súa andadura baixo a dirección de Chelo Trillo Lago.

A Olimpíada comeza cunha primeira fase de preguntas que se desenvolven na plataforma da aula virtual sobre contidos que se desenvolven en materias e módulos que se imparten no centro. Dese xogo pasan tres equipos que compiten na Gran Final á que este curso acudiron os representantes das empresas patrocinadoras, Xeal, Gerca e Ferretería Roget, acompañados do equipo directivo do centro e do Director Territorial de Educación na Coruña.

Os tres equipos finalistas, "Os miñatos", "Os sapiños pintos" e "Os tres colas", disputaron unha primeira fase de preguntas novamente en directo nun salón de actos ateigado de profesorado, familias e alumnado. Os dous equipos de maior puntuación na fase de preguntas, "Os miñatos" e "Os tres colas", pasaron ao gran debate, que este curso tivo o seguinte tema: A sociedade actual favorece os hábitos saudables?

O xurado tivo moi difícil decidir que equipo era gañador. Tras unha longa deliberación foi o equipo dos Miñatos o que se alzou co primeiro premio. 

Dende o centro educativo queren mostrar o seu agradecemento ás empresas patrocinadoras, a todos os equipos participantes, ás preparadoras do debate, ao formador Juan Santamaría, profesor  especialista en debates, ao presentador Fran Hermida, ao xurado e á comisión organizadora do acto.

Comentarios