Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Mazaricos e Lires inician unha campaña de recollida de material para os campos de refuxiados

Mazaricos e Lires inician unha campaña de recollida de material para os campos de refuxiados
mazaricos axuda campos refuxiados Ante a dramática situación que se está a vivir nos campos de refuxiados de Idomení o concello de Mazaricos, en colaboración con outras entidades locais e coa asociación Alhambra-Internacional, acaba de poñer en marcha unha campaña de recollida de todo tipo de material para enviarlle ás familias destes campos de refuxiados. Os productos necesarios son artigos para a hixiene persoal (cepillos e pastas de dentes, maquinillas de afeitar, compresas, antipiollos, champú, xel, papel hixiénico,...); mantas e sacos de durmir; alimentos infantís (potitos, gallegas, cereais), productos para o coidado dos máis pequenos (portabebés, libretas, lapis, cores,...); apósitos, alcol sanitario, gasas, bastóns, cremas,... Ademais de caixas de cartón necesarias para embalar os productos. Os principais puntos de recollida destes productos son os colexios do concello de Mazaricos e a Casa da Cultura da Picota. As doazóns deberán facerse antes do 8 de abril. Lires Pola súa banda, a asociación Pedras Miúdas de Lires tamén acaba de iniciar a súa campaña de recollida de material. Ao igual que en Mazaricos piden todo tipo de productos destinados ao uso e coidado persoal de nenos e adultos (mantas, roupa de abrigo, tendas de campaña, calzado de inverno, leite infantil, biberóns, chupetes,...). Co fin de facilitar o traballo, os membros da asociación pide que todo o material se entregue en caixas pechadas indicando o peso das mesmas. O punto de recollida do material ubícase na casa Escola de Lires os días 25, 26, 27 e 28 de marzo en horario de 19 a 20 horas.   Fonte  

Comentarios