Unha edición histórica das Letras Galegas en Malpica

Se nalgún sitio é importante este ano a celebración das letras Galegas, ese será o Concello de Malpica. Volve ademais xuntarse coas asociacións para lanzar conxuntamente unha nova edición de “Malpica Nun Mar de Letras”, un programa cultural que encherá o municipio de actividades arredor da lingua, a literatura, a música e a tradición galega. Durante
máis dun mes, desenvolveranse exposicións, espectáculos, presentacións de
libros, obradoiros, encontros institucionais e actos festivos dirixidos a públicos de
todas as idades.
Este ano será máis especial ca nunca: catro das homenaxeadas pertencen ao
noso concello, e Malpica terá a honra de acoller os actos oficiais do Día das Letras
Galegas. Un recoñecemento histórico que converte ao noso municipio no corazón
da celebración da cultura galega.
PROGRAMA polas Letras Galegas en Malpica 2025
Do luns 5 de maio ao domingo 15 de xuño
Exposición Canta que cadramos ben. Cantareiras: Poesía popular oral, dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega da Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, na Biblioteca Municipal Eduardo Blanco Amor.
Mércores 7 de maio
Dotación da Biblioteca Municipal, as bibliotecas dos centros de ensino e as asociacións de canto e danza tradicional do Concello de Malpica de publicacións de cantareiras.
Venres 9 de maio
Ás 20.00 horas presentación da obra gañadora do XIX Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas: Atravesar o don de Francisco Javier Fernández Davila, no Salón de Actos da Casa do Pescador.
Organiza A.C. Caldeirón
Luns 12 de maio
Ás 10.00 e ás 12.00 representación do espectáculo Coa pandeireta na man de María Faltri, no Auditorio do Centro Cívico. Representación escolar para o alumnado de infantil e primaria do CEIP Milladoiro, CEIP JRO e CRA A Nosa Señora do Faro (Escola de Mens)
Xoves 15 de maio
A partir das 11.00, Festival das Letras Galegas no Auditorio do Centro Cívico.
Organiza: CEIP Milladoiro
Sábado 17 de maio
A partir das 11.00 Acto Institucional do Día das Letras Galegas da Xunta de Galicia
A partir das 12.30 Pleno Extraordinario da Real Academia Galega
A partir das 14.00 III Gran Xantar de Mens
Polbo e churrasco a fartar
Sesión vermú con dúo
A partir das 18.00 Tardeo
Ás 21.00 III RUADA NUN MAR DE LETRAS no Campo da Festa de Mens coas actuacións de:
A.C.D. Carcaxía, A.C. Malante, Do Rivés, Caamaño&Ameixeiras
Entradas dispoñibles ata o 12 de maio (Yaissa: 628 206 620 / Alex: 626 355 917).
Organiza: Comisión de Festas de Mens
Domingo 18 de maio
Das 17.00 horas ás 18.30 Obradoiro de Regueifa impartido por Lupe Blanco, no
Campo da Festa de Mens. A partir de 10 anos.
Haberá 30 prazas que se adxudicarán por orde de chegada
Luns 19 de maio
A partir das 10.00, actividade Ao son das nosas pandeireteiras. Vai por elas, no
Campo da Festa de Mens.
Organiza: CRA A Nosa Señora do Faro
A partir das 12.00 Homenaxe das novas xeracións malpicáns ás Pandeireteiras de Mens, con actuacións musicais, lectura de coplas e ofrenda floral, na Igrexa de Santiago de Mens.
Organiza: IES Urbano Lugrís
Sábado 24 de maio
Das 16.00 ás 21.00 O Chintófano de Dorothe de Sonsoles Penadique e contacontos de María da Pontragha, no Ecomuseo do Forno do Forte. Organiza: AVSC O Quinteiro de Buño
Ás 17.30 presentación do libro As vellas de Mens de José Manuel Fernández Pensado, na Igrexa de Santiago de Mens
Ás 19.00 horas Gala de fin de curso da A.C. Malante, no Auditorio do Centro Cívico de Malpica.
Organiza: A.C. Malante
Martes 27 de maio
Ás 12.00 representación do espectáculo Axúdame a cantar con Felisa e Montse, no Auditorio do Centro Cívico. Representación escolar para alumnado do IES Urbano Lugrís, CEIP Milladoiro e CEIP JRO. Como agasallo, recibirán a publicación Agora que ven a noite de Marcos Calveiro
Venres 30 de maio
Ás 12.00 horas presentación das bases e convocatoria do XX Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas, no Salón de Plenos da Casa do Concello. Organiza: A.C. Caldeirón
Sábado 31 de maio
Ás 19.30 horas Gala de fin de curso da A.C. Raigañas, no Auditorio do Centro Cívico de Malpica. Organiza: A.C. Raigañas
Domingo 1 de xuño
Escora Danza
Ás 10.30 Obradoiro de Amparo Martínez, no Fogar do Pensionista da Casa do Pescador
Ás 11.30 Obradoiro de Fran Sieira, no Centro Sociocultural das Pozacas
Ás 13:30 Espectáculo OUSAR de Amparo Martínez, no paseo da Praia
Ás 19.00 no Porto de Malpica: 77.000 do Colectivo DeXeito
Lea de Adro de Baio, dirixido por Fran Sieira
(En caso de choiva, actividades trasladadas ao Auditorio do Centro Cívico)
Organiza: Escora Danza. Deputación da Coruña
Venres 6 de xuño
Ás 16.00 Maratón teatral do Obradoiro de Animación Teatral do Concello de Malpica, no Auditorio do Centro Cívico
Obras: Ñac-Ñac, De-Función e Mafia.
Sábado 7 de xuño
Ás 12.00 presentación do libro Cancioneiro Galego Serodio 1989-2012 de Xabier Díaz, coa actuación das Cantareiras da A.C. Raigañas, no CAT de Buño.
Do sábado 7 ao domingo 15 de xuño
Exposición 30 aniversario da Asociación Cultural Aturuxo. Homenaxe ás Pandeireteiras de Mens, no Espazo Expositivo do Centro Cívico. Inauguración: sábado 7, ás 19.00.
Domingo 8 de xuño
Ás 12.00 Gala de fin de curso da A.C.D. Carcaxía, no Auditorio do Centro Cívico de Malpica. Organiza: A.C.D. Carcaxía.
Sábado 14 de xuño
Ás 12.00 presentación do libro Somos Pandeireteiras de Mercedes Peón, Ana Romaní, Selina Otero, Andrea Nunes, María Reimóndez, Susana Sanches Arins e Natalia Balseiro, no CAT de Buño.
Domingo 15 de xuño
Ás 19.00 Festival 30 aniversario da Asociación Cultural Aturuxo. Homenaxe ás Pandeireteiras de Mens, no Auditorio do Centro Cívico.