Martes. 27.10.2020
El tiempo

Membros de En Marea e do PSdeG reúnense co comité de empresa de Ferroatlántica

Membros de En Marea e do PSdeG reúnense co comité de empresa de Ferroatlántica
En Marea en Ferroatlantica Membros de En Marea na fábrica de Ferroatlantica en Cee O comité de empresa de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas mantiveron onte unha reunión cos deputados de En Marea - Antón Sánchez, Pancho Casal e Juan Merlo - e cos do PSdeG - Xaquín Fernandez Leiceaga e Abel Losada - na que se lle amosaron o compromiso dos seus grupos políticos co mantemento dos postos de traballo e de presentar iniciativas para que a ameaza da venda das centrais non se cumpra e se manteña a legalidade vixente. Os membros do comité de empresa lamenta novamente - ao igual que ocorreu coa comitiva do BNG - do intento da dirección de Cee de non permitir o acceso a fábrica para poder celebrar na reunión na sala do comité. Ante esta negativa inicial o pleno do comité colocou na explanada da entrada a fábrica unha mesa e cadeiras para celebrar a reunión; situación que finalmente non se produciu por desistir a dirección nesta actitude de obstaculizar a labor sindical. O deputado en En Marea Antón Sánchez comprometeuse a defender no Parlamento a continuidade das centrais e entende que  a segregación implicaría que Ferroatlántica perdese a concesión pública dos aproveitamentos. “Aínda que a empresa diga que son sospeitas infundandas, o certo é que durante anos paralizou totalmente os investimentos nestas instalacións. Esixiremos no Parlamento a comparecencia do conselleiro de Industria e unha resposta contundente da Xunta que vincule as concesións públicas ao mantemento das centrais”, indicou Antón Sánchez. “O fundamental para nós é o futuro dos postos de traballo”, sinalou Sánchez, que tamén destacou que “a empresa Villar Mir creara nos últimos anos novos postos de traballo en Madrid, mentres que as centrais galegas continúan co mesmo persoal dende hai décadas”. Para o Comité de Ferroatlántica as centrais de Ferroatlántica na Costa da Morte están “salvando as contas da empresa” pero todo fai sospeitar que está habendo movementos enfocados á segregación. “Temos dende 2006 un compromiso de Villar Mir que nos daría un paquete de 2.000 Tn a maiores para esta central coa instalación dun novo forno en Brens e estamos agardando. Mentres en Sudáfrica construíron un forno das mesmas características neste tempo”. O comité xa solicitou unha reunión co presidente en funcións da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, co fin de que faga cumprir a legalidade vixente de vinculación das actividades. Tamén esperan reunirse co presidente da empresa, Pedro Larrea, co fin de que deas as explicacións da información publicadas sobre a venda das centrais ao pleno do comité nas fábrica de Cee e non no comité europeo como pretenden. en marea psdg ferroatlantica O comité da empresa de Ferroatlántica proporá mobilizacións se a presidencia non dá explicacións Mobilizacións Hoxe celebranse as correspondentes asambleas nos centros de traballo de Cee, Dumbría e centrais nas que o comité de Ferroatlántica lle propoñerá aos traballadores e traballadoras un posibel calendario de mobilizacións até que a presidencia da empresa dea as explicacións ao pleno neste centro de traballo. Ademais, o venres 21 de outubro ás 13:30h haberá concentración pública diante da porta da fábrica ceense.  

Novas relacionadas

Fonte

comentarios