O Mes da Fundación arrinca o completo outubro viaxando a terras viquingas

Mañá sábado 5 de outubro, ás 20:45 horas no Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura de Cee, dará inicio a 11ª Edición do programa Educativo Cultural O Mes da Fundación Outubro 2024. Será un mes intenso, cargado de actividades de todo tipo, con propostas para tódolos niveis educativos dos centros escolares do Concello de Cee e para o público en xeral, todas elas con entrada libre.
O relatorio que abre esta 11ª Edición correrá a cargo de Irene García Losquiño e levará por título "A Escandinavia vikinga e os seus contactos interculturais".
Irene García Losquiño (Elche, 1984) é Investigadora María Zambrano na Universidade de Santiago de Compostela. Doutora en Estudos Escandinavos e Máster en Estudos Medievais pola Universidade de Aberdeen (Escocia). É investigadora e especialista na Idade Viquinga e liderou proxectos interdisciplinares que se centran na presencia viquinga na Península Ibérica en comparación con outras áreas como Inglaterra ou Normandía.
Foi profesora de universidade e investigadora en diversas institucións suecas, americanas, escocesas e españolas, sendo o seu traballo recoñecido con premios da Real Academia Gustavus Adolphus de Suecia.
Participou tamén no documental Real Vikings da productora do exitoso drama televisivo Vikings.
Actualmente exerce como investigadora no centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas (CISPAC).
É, ademais, Comisaria da Exposición “Unha vida vikinga”, que dende xullo deste ano, e ata xaneiro do próximo ano, podemos desfrutar na Cidade da Cultura de Santiago, sendo unha das maiores exposicións realizadas no noso país sobre a cultura viquinga, e abarcando ao redor de 120 pezas históricas e arqueolóxicas procedentes de destacadas institucións museísticas de Suecia, Dinamarca, Francia e España.
En canto á conferencia de mañá, Irene falará de como cara a metade do século VIII, a acumulación dunha serie de cambios en Escandinavia da comezo ao que denominamos como era viquinga.
Abordará de como dende diferentes partes do norte europeo fraguouse unha impresionante rede de contactos comerciais, de violentas incursións, de migracións, e de relacións interculturais.
E así, explorá polo tanto, ese movemento diaspórico que caracteriza á era viquinga, prestando especial atención á súa presencia na nosa terra, en Galicia.