Venres. 26.04.2024
El tiempo

A micoloxía abre un Novembro Cultural con libros, recitais e monólogos en Cee

Manolin Safa e Marta Doviuro en Cee
A micoloxía abre un Novembro Cultural con libros, recitais e monólogos en Cee

A micoloxía será a primeira protagonista do Novembro Cultural de Cee. A Asociación Pan de Raposo celebra os 20 anos das XX Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte acollendo ademais as Xornadas a nivel galego, cunha fin de semana (esta de 6 e 7) chegas de charlas, degustacións e visitas guiadas pola completísima exposición preparada na Casa da Cultura.

Concertos, libros, recitais

Este mesmo sábado 6, ás 20.00 horas, o Auditorio Baldomero Cores acolle o concerto da Orquestra de Cámara Galega.

O xoves 11, 20.00 horas, terá lugar a Presentación-conferencia do novo libro de Mohammed Safa. O oftalmólogo palestino presenta “La segunda Nakba Palestina. El proceso de paz”, facendo referencia á limpeza étnica levada a cabo por Israel en 1948 durante a guerra que culminaría co definitivo asentamento do Estado xudeu en Oriente Medio.

As mañás de sábado 13 e domingo 14 serán para os rapaces de entre 11 e 16 anos, co obradoiro de cinema “O gato de Don Corleone” impartido, de 11:00h a 13:00h por Federico A. Rioboo.

O propio sábado 13, ás 20.00 horas, será o polifacético Manolín Oliveira o que volva subir ao escenario cun novo recital poético musical, no que abordará os seus soños e realidades co mar como protagonista. O accidente que marcaría o resto da súa vida servirá de fío conductor nun espectáculo no que participarán alumnos da Escola de Danza Breogán de Brens e do Club Arte e Movemento.
Aquí vos deixamos unha mostra do seu programa “realidade e Soños”, que segue invandido cada semana as ondas da radiONeria:

Monólogos

Xa o domingo 14, 19.00 horas, Cándido Pazó trae as súas “Memorias dun neno labrego”.

O sábado 20, 20.00 horas, chega o espectáculo "Sen restricións”, cos monólogos da nosa Marta Doviro, coa que falamos esta semana, Ledicia Soá e Carmen Méndes.

Na mesma liña chegan as “Divas de diván” da man de Vero Rilo, Ángeles Goas e Carme Conde o sábado 27, ás 20.00 horas.

Novas relacionadas

Comentarios