Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Pan de Raposo celebra 20 anos de Xornadas como capital micolóxica de Galicia

Exposicion de Cogumelos en Cee 2019-Foto-Rafa Quintans
Imaxe dunha visita guiada pola exposición nas Xornadas de 2019-Foto-Rafa Quintáns
Pan de Raposo celebra 20 anos de Xornadas como capital micolóxica de Galicia

Ademais das Xornadas na Fin da Terra de Fisterra, Asociación Micolóxica Pan de Raposo ten xa listas as XX Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte. Unha cita que se combinará coa XXXIX Semana Galega de Micoloxía, que tamén organiza a entidade costeira despois dun ano de parón pola pandemia, coa colaboración da Federación Galega de Micoloxía. Así, este ano, ademais das actividades habituais, haberá unha saída guiada polos montes da contorna e un documental.

Dende Pan de Raposo esperan recoller arredor das 200 especies que sempre conseguir xuntar na exposición, pero contan coa connivencia meteorolóxica. “Ata agora estiveron moi raros, porque había demasiada temperatura, pero esta semana xa vimos que empeza a haber bastantes cousas. Entre apenas dúas persoas, a semana pasada sacamos 125 especies para unha exposición que fixemos fóra”, explica José Manuel Castro Marcote. “Esperemos que non se poña a chover demasiado”, alerta.

Completo programa

CARTEL XX XORNADAS MICOLOXICAS-2021-baja

O completa programa arrinca xa o luns 1 de novembro, cunha saída ao monte con expertos da asociación. Os días 6 e 7 arrinca a exposición na Casa da Cultura de Cee das especies recollidas durante as saídas, así como os traballos dos alumnos dos colexios do concello. A exposición estará aberta de 10:30h a 13:30h e de 17:00h a 20:00, e hai visitas guiadas ás 12:30h cos especialistas. Ademais, o sábado haberá taller de microscopio, un obradoiro que chamou moito a atención nos últimos anos.

As charlas volverán a nivel iniciación, correrán a cargo de José María Costa Lago, que dará o sábado ás 17:30 unha sesión sobre “Cogomelos comestibles”; e José Manuel Castro Marcote, que falará de intoxicacións o domingo ás mesma hora.

E completa o círculo micolóxico as degustacións de pinchos feitos con cogomelos que acollen o Hotel Larry, o Mar de Crebas, A Mariña e as Viñas durante o sábado e o domingo.

Finalmente, o 21 de novembro, a Casa da Cultura acolle a proxección do documental “Negro Púrpura”, sobre o cornecho do centeo, un fungo alucinóxeno que agroma nos cereais que abre as portas dunha historia moi curiosa.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios