Miro Villar debullou a espiña dorsal da súa vida

Este pasado sábado, uns 70 mestres acompañaron a Miro Villar un roteiro polos espazos máis emblemáticos da súa vida e obra. No marco dunhas xornadas formativas para mestres de todo o país, organizado polo Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI, da man de Carlos Rodríguez Pérez), o poeta e mestre ceense no IES de Trazo, percorreu a espiña dorsal da súa poesía.
”Dicir que me sentín moi ben arroupado por Víctor, Darío, Modesto e Alexandre. Que varios dos profes participaron na lectura dos poemas. Que visitamos espazos da infancia e mocidade que xa non existen. Que houbo momentos para emotividade, lembrar pai e nai, Darío Xohán Cabana, que xa nin están. Que se portou o tempo e o mar e o solpor despediunos…”, debúllanos o emocionado protagonista despois dunha xornada máis que completa.

Miro preparou un completo informe de 68 follas para que os mestres fosen seguindo o fío. A xornada, que a cada parada incluía un apuntamento poético, comezou no auditorio Baldomero Cores lendo uns versos do seu irmán, Rafa Villar. De seguido, Víctor Castiñeira, fixo unha breve introdución histórica de Cee, antes de pasar a visitar o Monumento ás Liberdades de Álvaro de la Vega no Paseo Marítimo.
A Praza do Olvidofoi outra das obrigatorias paradas antes de pasar polo Museo Fernando Blanco con Darío Areas (vivan os colaboradores de QPC!), e aprender como se aprendía na antiga Escola das Nenas moito antes da era dixital. Parada na Alameda lembrando a esquecida Feira do Libro, e paso polo Pazo de Cotón antes de facer unha fonda parada no IES Fernando Blanco, onde Areas fixo un percorrido histórico e botánico.

Despois do xantar, visitaron as ruínas na baleeira de Caneliñas, e ao Coadoiro, a fervenza do Ézaro. Do Ézaro á Praza José Carrera de Corcubión, lembrando a Libraría Nerio que tanto lle prestaba a Miro.
De Corcubión desprazáronse ata Fisterra para coller o barco e vivir, coa BSO dos versos de Modesto Fraga e Alexandre Nerium, o triángulo máxico formado polo Monte Pindo, as Illas Lobeiras e o Faro Fisterra. Un achegamento inesquecible ao Batallón Literario da Costa da Morte.

Así de ben recolleu Carlos Rodríguez Pérez a xornada nestes fíos:
7️⃣ Caneliñas. Ruínas da factoría baleeira
— CAFI (@CAFIgalicia) September 23, 2023
“As mulleres, que len, son perigosas, seica, e ti xa non concibes a existencia sen libros desde aquela nenez feliz na biblioteca cando a balea branca Moby Dick era un soño do capitán Akhab e ti tamén soñabas con chamarte Ismael…” pic.twitter.com/8TW6g4EKb3
🚶♂️Botamos a andar a columna vertebral no 🗺️ G2303007 Roteiro polos espazos vitais e literarios de @MiroVillar en Cee’
— CAFI (@CAFIgalicia) September 23, 2023
Comezamos cos versos de Rafa Villar
‘eu son de aquí
desta raíz de nogueira
que fende
o mar’ pic.twitter.com/cSEqW0f0Xh
ARTIGOS DE MIRO VILLAR EN QPC