Luns. 01.06.2020
El tiempo

MR: A Cámara de Ouro da fotografía europea é costeira

MR: A Cámara de Ouro da fotografía europea é costeira
Marcos Rodríguez recollendo a Cámara de Ouro Non para. Espectacular o ano que está vivindo Marcos Rodríguez. Hai pouco menos que 10 anos que comezaba a súa carreira fotográfica naquel semanario "Acontecer" e colaborando con QPC. E hoxe xa é o Fotógrafo Europeo do Ano 2017, escollido pola FEP (Federación Europea de Fotógrafos Profesionais). O fotógrafo carballés afincado en Cee, viaxaba á cidade siciliana de Catania, onde ademais dalgún chaparrón, recibiu o premio da Cámara de Ouro na Categoría de Reportaxe na Gala nos European Photographer of the Year Awards 2017. Marcos, que o ano pasado xa fóra finalista cun 5º e un 9º posto conseguido en dúas categorías, este ano chegaba de novo como un dos 10 finalistas a Fotógrafo Europeo do ano. E volve á Costa da Morte cun nomeamento difícil de esquecer. Unha Costa da Morte que tamén debería estar agaradecida pois dúas das tres imaxes escollidas son costeiras. Concretamente, acompańando a unha da rapas das bestas se Cedeira, as outras dúas son dunha balea varada en Redonda, Corcubión. A balea da Redonda foi unha das fotos que lle valeu para gañar a Cámara de Ouro Europea a Marcos Rodríguez  

Novas relacionadas

Fonte

comentarios