Nova fornada de cursos de alimentación, carretillero e mergullo

Son varias as ofertas formativas que recibimos estes días en QPC. Un Curso de Carretillero, un sobre intolerancias alimentarias para establecementos, e outro de mergullo son as propostas ás que se poden apuntar.
Curso sobre alérxenos e intolerancias alimentarias

O Centro de Acerta Formación (Rúa Raíces de abaixo, 6, baixo (fronte ao Instituto Agra de Raíces de Cee), prepara xa o curso de 6 horas sobre alérxenos e intolerancias alimentarias. Será os días luns 26 e martes 27 de febreiro 9.00 a 12.00h. As inscricións, ata o 25 de xaneiro de 2015, poden realizarse vía mail, chamando ao 981106060, no www.facebook.com/FormacionAcerta, ou no propio centro de formación. Custa 60€ e pode ser bonificada con descontos para autónomos.
I é que, segundo informan, desde o 13 de decembro de 2014, é obrigatorio que o seu negocio se adapte á normativa europea sobre sustancias alérxicas (Regulamento UE n°1169/2011). É obrigatorio que os traballadores do seu establecemento coñezan as enfermedades, os seus riscos, a lei, as súas obrigas e os métodos para maner baixo control os ingredientes de cada plato e a información de alérxenos, para evitar posibles sancións que van desde os 600€ aos 6.000€.
Curso de Carretillero
Xesintec Formación prepara un Curso de Carretillero na zona. A data de inicio será o 24 de xaneiro, serán 10 horas de curso e o prezo depende da situación laboral actual, sendo unha Formación Teórica-Práctica Destinada a traballadores desempregados e en activo.
Información e Reserva de praza nos seguintes teléfonos: 630.12.85.17 - 986.73.27.28 - 657.53.00.05 (xesintecformacion@hotmail.com)
Curso de Mergullador
O Instituto Galego de Formación en Acuicultura, IGAFA, dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar, convoca un curso de recolector de recursos específicos con técnicas de mergullo. Este curso ten 12 prazas e os interesados en matricularse poden facelo dende hoxe e ata o 6 de febreiro.
Esta acción formativa impartirase no IGAFA, na Illa de Arousa, do 23 ao 27 de marzo e do 7 ao 17 de abril en horario de 09:30 a 15:00 horas. A finalidade do curso é que os alumnos/as matriculados poidan acreditar a súa capacidade para traballar nun plan de explotación a mergullo para extraer recursos específicos, como algas, ourizos, peneiras, longueirón, etc.
Antes da realización do curso os aspirantes seleccionados deberán facer unhas probas físicas en piscina. O listado de persoas seleccionadas para realizar as probas físicas publicarase o 5 de marzo no taboleiro de anuncios de IGAFA e na web da Consellería do Medio Rural e do Mar. A data de realización das probas físicas será o 9 de marzo ás 10:00 horas. Unha vez superadas estas probas deberán realizar o test de compresión e tolerancia ao osíxeno hiperbárico. Este terá lugar o 19 de marzo ás 10:00 horas e as persoas candidatas que non superen esta proba quedarán automaticamente excluídas.
Os interesados en matricularse poden consultar os requisitos necesarios, a documentación que teñen que presentar, os criterios de selección e o material necesario para realizar o curso na convocatoria que se pode consultar no taboleiro do IGAFA ou na web da Consellería do Medio Rural e do Mar, no seguinte enlace: http://www.medioruralemar.xunta.es/es/mar/investigacion_e_formacion/formacion/informacion_del_alumnado/. O curso está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE), no marco do programa operativo FSE de Galicia 2007-2013, cunha taxa de cofinanciamento do 80%.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).